Skip to Content

Proxectos

Obradoiros Oficios Tradicionais

A partir do día 19 de maio realizaremos un conxunto de obradoiros tradicionais adicados a visibilizar oficios tradicionais que se realizan na nosa comarca. Agradecemos a participación de todas as persoas que colaborarán no desenvolvemento dos mesmos.

"O Segredo do Bosque"

O mércores, día 15, terá lugar a presentación do documental "O segredo do Bosque" , estreado fai poucos meses, ao noso alumnado de quinto e sexto de primaria. Esta película obtivo o primeiro premio na Bienal Internacional de Cine Científico de Ronda.

O documental, rodado integramente en Guinea Ecuatorial, está inspirado nun conto africano que lanza unha mensaxe de protección á natureza.

Contaremos con Rocío Cadahía Fernández e Antonio Grunfeld Rius , responsable do guión e  director do filme respectivamente, para amosar esta historia aos nosos rapaces e rapazas e dar resposta ás súas preguntas e inquedanzas.

 

Almanaque solidario

Este é o segundo ano que colaboramos co Colectivo Estiño na elaboración dun almanaque anual adicado nesta ocasión as sobremesas doces.

Moitos son os centros escolares da nosa Comunidade que participan nesta iniciativa. O recaudado coa venda dos calendarios está destinado a proxectos sociais desenvolvidos en Nicaragua.

Así de chulo quedou, a ver se atopades o noso sabroso flan!!!!

A Vendima

Texto da Vendima

Festival Entroido 2016

Este ano o Entroido xirou en torno ao proxecto que estamos a desenvolver no centro "Cóntame ciencia". Os contos e as súas personaxes foron os protagonistas desta xornada festiva.

(Ver fotos)

alicia zombies

Actividades de sensibilización sobre a discapacidade en Educación Física

Dende a área de Educación física, tratamos de sensibilizar ao alumnado sobre a discapacidade física a través do desenvolvemento de actividades onde os alumnos e alumnas teñen que poñerse no lugar dunha persoa invidente e experimentar as dificultades de movilidade coas que se atopan.

(VER FOTOS)

3 de decembro día internacional da discapacidade

Hoxe reunímonos todos no patio do recreo para conmemorar este día.

Todas as actividades realizadas na campaña tiveron como obxectivo concienciar ao noso alumnado sobre a situación e as dificultades coas que se atopan na sociedade as persoas con discapacidade e as barreiras existentes.
Quixemos contribuir a conseguir un mundo sen barreiras e en igualdade, xa que coñecendo e comprendendo as circunstancias destas persoas, podemos formar unha sociedade máis igualitaria, de aceptación activa á diversidade e á diferencia.
O alumnado de quinto e sexto leron as súas reflexións sobre o que quere dicir a integración e  a aceptación real da discapacidade. Despois cantamos todos xuntos unha canción de María Fumaça en lingua de signos "Eu teño alguén".

foto das gradas co alumnado

 

 

 

 

 

 

 

(Fotos)

Charla de Marián e Carmen da ONCE

Dentro do programa de actividades de sensibilización sobre a discapacidade que estamos a desenvolver ao longo destas dúas semanas, visitáronnos Marian e Carmen, traballadoras da ONCE de Pontevedra e de Santiago. Faláronos da problemática e dificultades das persoas con discapacidade visual e das ferramentas e estratexias que empregan para superalas e conseguir ter unha vida completamente normal. O noso alumnado tivo a oportunidade de experimentar como se despraza unha persoa cega con axuda de bastón ou dun acompañante, como xogar cun balón sonoro ou de recoñecer cores a través do olor.
Estas dúas mulleres demostráronnos que a integración e a inclusión é posible.

(Ver fotos)

Exposición materiais da ONCE

Estes días, na entrada do cole, está instalada unha exposición de materiais da ONCE emprestada polo centro de recursos da ONCE de Pontevedra.
O noso alumnado está a visitar estes materiais para persoas con discapacidade visual. Hai algúns adicados á aprendizaxe de Braille (xeradores, plantillas, alfabetos,...); educativos (mapa en Braille, xerador numérico, contos...)­; materiais de uso cotiá (bastóns, metro, detector de líquidos) e tamén de ocio como parchís, dominos, balón sonoro,...
Ademáis de experimentar con todos estes materiais, propuxemos aos nosos alumnos e alumnas un concurso no que teñen que ler unha frase en Braille.

(Ver fotos)

Frase escrita en Braille neno facendo puzzle adaptado

Carteis da campaña de sensibilización sobre a discapacidade

O alumnado de primeiro, segundo, terceiro e cuarto de primaria está a elaborar carteis co fin de concienciar sobre distintos aspectos da discapacidade e accesibilidade.

Despois de reflexionar nas aulas sobre os dereitos das persoas con discapacidade, queren reflectir, plásticamente  e cun lema, a importancia de mellorar e investir en accesibilidade dende a mirada da igualdade e a inclusión.

 

(Ver carteis)

 

Distribuir contido


by Dr. Radut