Skip to Content

Normalización

CALENDARIO 2011-2012

Contos solidarios con Anxo Moure

Hoxe tivemos unha visita moi especial. Anxo Moure chegou, ben cediño, á nosa escola montado na súa Bibliobici. Anxo é unha persoa singular, pertence ao proxecto Contos Solidarios e percorre as escolas co obxectivo de sensibilizar e concienciar aos nenos e nenas sobre a necesidade dun compromiso solidario coa natureza, a xusticia e a liberdade, empregando como ferramentas a poesía, o conto, o humor, a mímica... reivindica outro mundo posible a través dun universo paralelo formado polos contos , no que nos poidamos refuxiarnos para construír un mundo real de respecto e coidado medioambiental.

Letras Galegas 2011 - Lois Pereiro

Actividades interactivas sobre Lois Pereiro para as Letras Galegas 2011

Preme na imaxe para entrar na aplicación.

Textos teatrais

A Papilosear: espazo de textos teatrais

Conto viaxeiro

Estamos creando un conto viaxeiro.

Empezaron a escribilo os nenos e nenas de infantil do Ceip de Pedrouzos no primeiro capítulo, e logo irase completando polas distintas escolas infantís de Brión ata rematar o conto e porlle un títuñlo.

Para entrar no libro, premede na imaxe. Accederemos a un índice no que aparecerán todos os capítulos.

Conto colaborativo

Estamos creando un conto colaborativo.

Empezaron a escribilo os nenos e nenas de 3ºA no primeiro capítulo, logo o segundo farano os de 3ºB, ... e así continuaremos ata rematar no capítulo doce co alumnado de 2ºB da ESO do Ies de Brión. Eles serán quen rematen e lle poñan título ao libro.

Para entrar no libro, premede na imaxe. Accederemos a un índice no que aparecerán todos os capítulos.

ACTIVIDADES DO PROGRAMA BOCABERTA

 

A Secretaría Xeral de Política Lingüística ofrece unha serie de actividades dentro do programa de Dinamización Lingüística BOCABERTA co fin de promover o coñecemento e uso da lingua galega.

Teñen lugar en distintos concellos da nosa comunidade.

Este sábado tócalle en Santiago. Os que poidan que se animen a levar aos rapaces e disfrutar da actividade.

  • Data : sábado, 18 de decembro

  • Hora: 12:00

CANTIGAS PREMIADAS

Para seleccionar as cantigas premiadas tívose en conta:

  • a orixinalidade
  • a presentación
  • a calidade da ilustración
  • o axuste ás normas do concurso

Escollemos unha por nivel sendo, en total, nove as premiadas:

  • 4º de Infantil: Pablo Andrade Fernández
  • 5º de Infantil: Nerea Raña Mirás
  • 6º de Infantil: Elena de los Santos Fabeiro
  • 1º de Primaria: Anabel Gómez Vilas
  • 2º de Primaria: María Cuñarro Gulias
  • 3º de Primaria: Miguel Gil Seoane
  • 4º de Primaria: Patricia Sánchez Petruk
  • 5º de Primaria: Manuel Xiráldez Leal
  • 6º de Primaria: Alba Gil Seoane

Felicitamos a estes pequenos artistas

Ver fotos

CANTIGAS DE OUTONO

Neste outono decidimos traballar as cantigas alusivas  a esta época do ano. Pedimos colaboración ás familias e foi un éxito. Moitos rapaces e rapazas aportaron unha cantiga ilustrada e logo fixemos unha selección de alomenos tres por aula para montar unha exposición na entrada do colexio e así poder compartilas con toda a comunidade educativa.

Desta exposición sairán unhas premiadas tendo en conta a orixinalidade, presentación e ilustración.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut