Skip to Content

Normalización

CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO CON EDUARDO DE ROJAS

O xoves, 23 de abril, co motivo do Día do Libro, o alumnado de Infantil e o de 5º e 6º de Primaria tiveron un encontro co escritor Eduardo de Rojas Rebolledo quen lle leu algún fragmento dos seus libros Kakarracas e El Barcarola e comentoulles como era o proceso de escribir e de publicar un libro.

Agradecémoslle a súa adicación e o seu compromiso coa nosa escola.

                 

Reflexos de Paz

Reflexos de Paz é o lema proposto para elaborar unha serie de carteis onde cada aula buscou unha frase na que se mostrase aspectos a traballar para facer do mundo un lugar mellor no Día Escolar da non Violencia e da Paz. Buscando empregar o vocabulario traballado co tema da Luz, o escollido neste curso.

Unha vez rematado organizouse unha exposición na que os nenos e nenas na escola poideron ver, observar, ler e comentar os seus lemas e os dos demais.

QUE E DE ONDE SON?

Dende o Equipo de Dinamización Lingüística cada semana estamos a propoñer ao noso alumnado que estimen o siginificado dunha serie de verbas de todo o mundo, das que finalmente buscamos o significado correcto e situamos nun planisferio o lugar onde se empregan.

Empezamos polo que está máis preto.

XANEIRO:

  • 20/1/2014: MAIÁN: ou brionés, xentilicio de denomina as persoas orixinarias de Brión.
  • 27/1/2014: PUPUSA: tortilla de millo de O Salvador
FEBREIRO:
  •  3/2/2014: MIRLITÓN: Tamén denominado Kazoo ou Frauta de Bulbo. De Tanzania, Malawi, úsase dende hai tempo en toda África e Europa.
A súa orixe ven de antigas tribus africanas que o empregaban para comunicarse ou imitar os sons dalgúns animais. Facíanse de cornos de vaca e colocábase unha tea de araña, polo que o sonse distorsoinaba dándolle un aire sobrenatural e máxico.
  • 10/2/2014: CINGALÉS: persoa e lingua natural de Sri Lanka, tamén se denomina TAMIL ao seguinte grupo en importancia demográfica e a súa lingua.
  • 17/2/2014: CABANOSSI: especie de salchicha afumada de porco e tenreira propia de Oceanía.
  • 24/2/2014: REEL: Escocia. Baile moi vivo de grupo orixinado entre os montañeses escoceses. O corpo queda ríxido de cintura arriba, realizando pasos vertixinosos cos pés ao tempo que se desprazan polo espazo.

A finais do vindeiro mes contarémosvos as novas palabras que traballaremos en marzo.

O QUE EN ENTROIDO DI LUPIÑA...

Este ano coma sempre imos a obedecer as consiganas que Lupiña no Entroido nos fai facer.

LUNS 24: "Este ano imos viaxar, e por América comezar, así indios e vaqueiros, non nos han de faltar"
MARTES 25: "África non pode faltar, neste gran festival, así o nariz negro has pintar , (e se eres valente, algo máis)
MÉRCORES 26: "Por Asia e Australia, tamén imos pasar, a ver que se che ocorre para te disfrazar".
XOVES 27: "Case chegamos ao final, e coma a casa imos voltar, ponte unha bata e comod@ has estar"

CALENDARIO ESCOLAR

Como cada curso o Equipo de Dinamización Lingüística elabora un calendario escolar no que se reflicte o tema a traballar este ano lectivo e os momentos máis significativos do pasado.  

As Tocadoras de Ninghures

Hoxe venres, 31 de maio, visitáronnos no recreo "As Tocadoras de Ninghures".

Durante maís de media hora en primaria e logo en infantil trouleamos, cantamos e bailamos ao son de gaita e pandeireta.

Preme na foto para acceder á galería de imaxes da actividade.

Este verán a asociación de veciños de Bastavales promove unha Escola de pandeireta e baile tradiccional. Anímate.

 


Entrevista a Belén Quintáns

 

No ano de Roberto Vidal Bolaño tivemos a sorte de contar coa visita de Belén Quintáns que foi a súa muller e cofundadora  da compañía Teatro do Aquí. Belén respostou ás preguntas que lle fixemos e así coñecimos mellor a este dramaturgo tan vinculado ao noso concello. A súa obra intensa e xenial perdurará ao longo do tempo

Dámoslle as grazas pola súa amabilidade e polo tempo que nos adicou.

Biografías

Unha biografía é a historia dunha persoa, nela recóllese o máis significativo da vida da persoa dende o seu nacemento ata a súa morte ou ata o momento actual. Para facer unha biografía, primeiro temos que recoller información sobra a persoa, tanto a nivel persoal como laboral. Logo temos que organizar esta información segundo criterios como a orde temporal e diferenciando entre a súa vida persoal e profesional.

Por último hai que plasmar o máis importante da información atopada, nalgún destes soportes: texto, banda deseñada, cartace, presentación...

A través das biografías podes aprender moito sobre persoas destacadas na nosa historia ou da nosa sociedade!

 

                                                                                             Suso Cubeiro "... e na terra un mar de bágoas"

Textos narrativos

UN MAR DE CONTOS

Contos de sereas, contos de piratas, contos de naufraxios, contos de peixes...Cantos contos pode inspirarnos o mar!

Seguro que sodes quen de escribir un conto a partir dalgunha das ilustracións da exposición "VAIDEMAR".

             Miguelanxo Prado "Quixote: Batalla no mar"


CALENDARIO 2012-2013

PODEDES VELO ENTEIRO EN PDF SE PREMEDES NA IMAXE

Distribuir contido


by Dr. Radut