Skip to Content

Concurso Fotográfico de Outono

Dada a gran calidade das fotografías presentadas, o xurado decidiu otorgar un premio máis en cada categoría. Deste xeito daranse tres premios en cada categoría, quedando a relación como segue:

Infantil e 1º Ciclo de Primaria:

Aroa Prieto Fernández 2º B (Ver Foto)

Sara Lameiro Costa (Ver Foto)

Elia Rivera Mayo 1ºC (Ver Foto)

2º e 3º Ciclo de Primaria:

Abel Bello Tobío 5ºC (Ver Foto)

Nicolás Lameiro Costa (Ver Foto)

Violeta Fornés Rodríguez 5ºC (Ver Foto)

Ver Galería do Concurso Fotográfico

* O Xurado estivo composto por dous repesentantes da ANPA, dous mestres e unha representante de Persoal Non Docente.

Farase unha entrega de premios á volta das vacacións.

O equipo de normalización e dinamización lingüística do CEIP Plurilingüe de Pedrouzos, organiza un concurso de fotografía para todos os alumnos e alumnas do centro.

A temática será sobre o Outono (paisaxes, froitos, climatoloxía,…) pero sempre tomadas nos Concellos de Brión e Ames.

Estableceranse dúas categorías:

  • Educación Infantil e 1º ciclo de Primaria. (1º e 2º Curso).

  • 2º e 3º Ciclo de Educación Primaria. (Dende 3º ata 6º Curso).

 Os nenos e nenas que queiran participar enviarán unha foto ao seguinte enderezo de correo electrónico ceip.pedrouzos@edu.xunta.es. No correo enviarán o seu nome e apelidos e o curso no que está matriculado, adxuntando a fotografía coa cal participa co seu título. Cada alumno ou alumna só poderá presentar unha única fotografía.

 Todas as fotografías serán publicadas na nosa páxina web. Aquelas que sexan seleccionadas formarán parte dunha exposición que se realizará no Centro (terase en conta a calidade das fotografías para unha posterior impresión); e as dúas mellores de cada categoría serán premiadas.

O xurado que estará formado por representantes do colexio, da ANPA e dos alumnos.

 O prazo de presentación rematará o 16 de decembro do 2016.

 Tras a decisión do xurado, os gañadores ou gañadoras serán publicados na páxina web do colexio.

 * Nas fotos non poderán aparecer menores de idade dos que o centro non dispoña de autorización de imaxe para ser publicada na súa web.



blog | by Dr. Radut