Skip to Content

Normalización

EU SON PERSOA, EU SON MULLER, EU SON...

cartaz8m_1

 

Conmemoramos o día da Muller, o 8 de marzo, achegándonos a mulleres da nosa contorna que teñen relación co mundo das letras. Desta forma, pretendemos visibilizar as súas profesións así como as súas vivencias no seu eido profesional como mulleres.

Queremos agradecer a súa implicación a todas estas mulleres polo seu bo facer e por contarnos as súas vivencias profesionais que nos achegaron ao coñecemento e reflexión da muller na sociedade actual.

Galería de imaxes

 

DÍA DE ROSALÍA

 

 

 

Hoxe, 23 de febreiro conmemoramos o Día de Rosalía cunha ampla actividade no Ceip Pedrouzos; un mural co seu retrato, a plantación de pensamentos e a recreación “As árbores de Rosalía” coa súa biografía e os seus versos.

 O alumnado de 6º de primaria fixo unha andaina dende o Rubial ata Bastavales donde posteriormente participou na homenaxe realizada no adro da Igrexa de Bastavales organizada polo Concello de Brión.

 

Acceso á galería de imaxes

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 As árbores de Rosalía decoran toda a escola cos seus versos....

 e o alumnado prantando as "plantas de Rosalía", os pensamentos...

 

 

SAMAIN

Este ano celebraremolo Samaín contando historias de medo. Cada clase ambientará a súa aula cun conto; e o resto do alumnado pasará polas clases para escoitalos.

Mostramos a continuación algunhas das portas decoradas....

 
     
     
     
     
     

LETRAS GALEGAS 2021; XELA ARIAS

Como sabemos este luns, 17 de maio conmemoramos o día das Letras Galegas en honor a Xela Arias.
Dende o equipo de dinamización imos a propoñer un xogo de pistas para realizar na carballeira de Santa Minia de Brión.


Debido á situación sanitaria actual, a actividade será relizada por grupos con vistas a cumprir as medidas do protocolo COVID,  Por iso, realizaremos a actividade ao longo de cinco días, dende o 19 ao 24 de maio.

Para a realización do xogo de pistas contamos cun dossier coas pistas adaptadas á idade do alumnado, Por iso, son elaborados 3 dossieres que podedes visualizar a continuación;

DOSSIER INFANTIL

DOSSIER 1º, 2º E 3º DE PRIMARIA

DOSSIER 4º, 5º E 6º DE PRIMARIA.

 

ALGUNHAS MOSTRAS DAS ACTIVIDADES A REALIZAR ESE DÍA

 

CARTAZLETRAS1 CARTAZLETRAS2 CARTAZLETRAS3
CARTAZLETRAS4 CARTAZLETRAS5 CARTAZLETRAS6
CARTAZLETRAS7 CARTAZLETRAS8 CARTAZLETRAS9
CARTAZLETRAS10    

ALGUNHAS DAS FOTOS DA ACTIVIDADE; NUN LUGAR TAN SINGULAR COMO A CARBALLEIRA DE SANTA MINIA.

   


 


Para traballar a Xela Arias hai varios recursos na aula virtual do centro. E tamén colgamos o dossier coas diferentes probas. Aínda está por rematar. De todas formas se queredes ir dandolle un vistazo tamén está colgado neste enlace. https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdepedrouzos/aulavirtual/course/view.php?id=285#section-6
(comentar que non son todas as probas para todos os niveis. O equipo de dinamización elixe e elabora un dossier para cada nivel en función da dificultade)


DÍA DE ROSALIA 2021

           

O día 24 de febreiro conmemórase o día do nacemento de Rosalía de Castro. No Ceip Pedrouzos queremos visualizar a importancia desta escritora coa realización de diferentes actividades para o coñecemento da súa vida e obra asi como poñer en valor o seu papel como muller e escritora na nosa lingua no seu tempo.

 

LETRAS GALEGAS 2020

Como sabedes o domingo 17 maio celebramos o Día das Letras Galegas.
 Hoxe, estaríamos tod@s na Carballeira desfrutando dunha actuación con: Charo Pita e Xoán Curiel.

17 DE MAIO. DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Este ano o día das Letras Galegas, terémolo que pasar confinados e confinadas.

Ricardo Carvalho Calero é o homenaxeado deste ano 2020. Pero a Academia deixa a celebración deste día para o mes de outubro.

Non por iso queremos deixar de celebralo. E  queremos propoñémosvos facer unha celebración colectiva dende os distintos lugares do Concello, lugares onde se atopa o noso alumnado.

MANDATOS ENTROIDO...

Comezamos o tempo de entroido!!

Aqui vos deixamos os mandatos para estes días. Animádevos!!

MAGOSTO 2019

Non foi posible realizar o magosto até o de agora debido ao mal tempo que fixo durante este mes.

Esta semana tampouco se fará, xa que a previsión meteorolóxica é de chuvia.

Agardamos poder facelo na última semana de novembro ou buscar unha alternativa axeitada. En caso de persistir o mal tempo e non poder celebrarse nesa semana, SUSPENDERÍASE definitivamente.

 

Letras na Carballeira 19

A ANPA Andaravía comparte con toda a comunidade o video resume da xornada da LETRAS NA CARBALLEIRA 19, que se celebrou o mércores 15 de maio, homenaxeando a D. Antonio Fraguas

 

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdepedrouzos/aulavirtual/pluginfile...

Distribuir contido


by Dr. Radut