Skip to Content

17 DE MAIO. DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Este ano o día das Letras Galegas, terémolo que pasar confinados e confinadas.

Ricardo Carvalho Calero é o homenaxeado deste ano 2020. Pero a Academia deixa a celebración deste día para o mes de outubro.

Non por iso queremos deixar de celebralo. E  queremos propoñémosvos facer unha celebración colectiva dende os distintos lugares do Concello, lugares onde se atopa o noso alumnado.

Celebraremos As LETRAS GALEGAS; pedíndovos que vos expresedes na nosa lingua: que escribades e/ou ilustredes algo representativo da nosa cultura; a través dunha palabra que vos guste, dun poema, dunha reflexión, dun pensamento, dun desexo,...

Animámosvos a participar!

 LIGAZÓN  á nota para as familias



page | by Dr. Radut