Skip to Content
Lugar de Pedrouzos s/n Brión , A Coruña, Tfno 881866078 ceip.pedrouzos@edu.xunta.gal

HORARIO DE VERÁN

Durante o mes de agosto, a atención ás familias será a través do correo electrónico do centro ceip.pedrouzos@edu.xunta.gal. Contestaranse as consultas urxentes á maior brevidade posible.

SERVIZO COMPLEMENTARIO: COMEDOR ESCOLAR 2024-25

Todas as solicitudes de comedor escolar presentadas en prazo (20/06/2024 ó 05/07/2024), están ADMITIDAS, agás: 

1.-Aquelas solicitudes que non estén ao corrente de pago do curso 2023-24, tal coma se recolle na INSTRUCIÓN 1/2024, DA SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, CIENCIA, UNIVERSIDADES E FORMACIÓN PROFESIONAL, DO 1 DE XUÑO, SOBRE FUNCIONAMENTO DOS COMEDORES ESCOLARES DE XESTIÓN DIRECTA NO CURSO ESCOLAR 2024-2025, "a falta de aboamento total ou parcial do importe do servizo por parte dos usuarios será causa de perda da praza de comedor".

Este punto fai referencia a aquelas familias que non teñen a día de hoxe feito o pago de meses anteriores ao mes de maio.

 2.-Solicitudes presentadas FÓRA DE PRAZO.

SERVIZO DE TRANSPORTE ESCOLAR PARA O CURSO 2024-25

O alumnado que solicitou praza para o servizo de transporte para o curso 2024 - 25, está ADMITIDO.

As solicitudes con nº 103 e a nº 123,  resultan EXCLUÍDAS POR NON TER PRESENTADO A DOCUMENTACIÓN REQUERIDA.

 

LISTAXE DEFINITIVO FONDO DE LIBROS PARA O CURSO 2024/25 E VALES DE MATERIAL

FONDO LIBROS:

Rematados os prazos correspondentes, publicamos a listaxe definitiva da adxudicación do fondo solidario de libros de texto convocadas na Orde do 7 de maio de 2024 Esta adxudicación corresponde ao alumnado de 3º e 4º de primaria.

Poden consultalas no taboleiro interior de anuncios do centro.

Ao alumnado que aparece nas listaxes, entregaráselles ao comezo de curso os libros asignados nas súas titorías. Lembren as familias, que hai libros e cadernos de traballo que deben mercar ao non estar incluídos no fondo solidario.

COMEDOR ESCOLAR 2024-25 CORRECCIÓN DE ERROS NA SOLICITUDE

No día de onte, 4 de xullo, a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, comunicou aos centros a existencia de erros na Instrución 1/2024 de COMEDORES E XESTIÓN DIRECTA.

Estes erros afectan ao CONCEPTO DE UNIDADE FAMILIAR E RENDA FAMILIAR ANUAL PER CÁPITA.

O prazo para presentar a documentación será de 10 días naturais rematando o 16 de xullo.

NOVAS ANPA: ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E DE CONCILIACIÓN CURSO 24/25

A ANPA Andaravía mantén aberto o prazo de prazo de matrícula para as actividades extraescolares e de conciliación para o curso 2024-2025. A planificación foi realizada tendo en conta o cambio de horario no centro para o vindeiro curso.
 
En materia de conciliación, continúa o programa Bos días cole (madrugadores/as) e incorpóranse como novidade as Tardes divertidas. Canto ás extraescolares, proponse unha oferta diversa para todas as idades.
 
Importante: só se impartirán as actividades que teñan máis de 8 alumnos/as matriculados/as o 28 de xullo. Con todo, no caso de haber prazas libres, poderán sumarse outros alumnos/as na matrícula extraordinaria de setembro.

PRAZO PRESENTACION SOLICITUDES PARA COLABORADORES E COLABORADORAS PARA O SERVIZO DE COMEDOR CURSO 2024-25

Ábrese o prazo de admisión de solicitudes dos membros da comunidade educativa para actuar como colaboradores/as voluntarios/as nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar durante o curso 2024/2025, ATA O 6 DE SETEMBRO.

RECOLLIDA CUALIFICACIÓNS, TAXAS COMEDOR

Poden recoller en CONSERXERÍA os boletíns de cualificacións finais e as taxas correspondentes ao mes de xuño.

LISTAXE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2024-2025

Xúntase listaxe de libros de texto para o curso 2024/25.

RESOLUCIÓN SOBRE O CAMBIO DE HORARIO NA SAÍDA DOS AUTOBUSES ESCOLARES PARA O CURSO ESCOLAR 2024-2025

INFORMAMOS que o procedemento para o cambio do horario de transporte xa está resolto de forma FAVORABLE nos seguintes términos:

A petición do centro escolar foi reformulada polo servizo de Apoio Aos Servizos Educativos que determina que pode aceptar, cos medios actuais adscritos ao contrato o seguinte:

  • Entrada sen modificacións: 9:35h chegada transporte escolar e 09:45h horario escolar.
  • Saída transporte escolar despois de comedor: Luns, Mércores, Xoves e Venres: 15:35 h.
  • Saída transporte escolar despois de comedor: Martes: 16:20 h.

Polo tanto, esta Dirección Territorial, unha vez vistas as alegacións, resolve: 

Autorizar o cambio de horario de transporte escolar solicitado polo CEIP de Pedrouzos (Brión) nos termos das alegacións presentadas pola empresa contratista con data de efectos do inicio do curso escolar 2024/2025.

Dirección.

Distribuir contido


by Dr. Radut