Skip to Content
Lugar de Pedrouzos s/n Brión , A Coruña, Tfno 881866078 ceip.pedrouzos@edu.xunta.gal

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Un ano máis, o CEIP Plurilingüe de Pedrouzos implícase na campaña institucional que promove o concello de Brión con motivo do 25 de novembro "DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO", na procura dunha sociedade máis xusta, máis libre, máis igualitaria e que loita contra a violencia de xénero;

Contra as violencias machistas, EDUCACIÓN

Convidamos a toda a comunidade educativa a que participe nos actos que se van desenvolver arredor desa data e agradecemos de antemán a implicación de todos e todas na mesma.

Ver Galería de Fotos

MAGOSTO 2019

Non foi posible realizar o magosto até o de agora debido ao mal tempo que fixo durante este mes.

Esta semana tampouco se fará, xa que a previsión meteorolóxica é de chuvia.

Agardamos poder facelo na última semana de novembro ou buscar unha alternativa axeitada. En caso de persistir o mal tempo e non poder celebrarse nesa semana, SUSPENDERÍASE definitivamente.

 

SAMAÍN 2019

Compartimos con vós o video que resume un día de medo!

 

CHARLA INFORMATIVA

O vindeiro martes 29 de outubro, ás 17:30 na Biblioteca do Colexio terá lugar unha charla informativa impartida pola ASOCIACIÓN AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros/as Solidarios/as). A charla enmárcase dentro das actividades programadas pola ANPA grazas á subvención recibida da Secretaría Xeral de Igualdade para a realización de actividades que fomenten a igualdade entre mulleres e homes e que preveñan a violencia machista. Estades convidad@s.

VIDEO PRESENTACIÓN DO PROXECTO LECTOR

Deixámosvos aquí un video gravado o día 7 de outubro, durante unha das actividades do PROXECTO LECTOR, do noso colexio.

Agardamos que vos guste.

 

LISTADO PROVISIONAL ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

No documento adxunto podedes atopar o listado de alumnos e alumnas admitidas nas actividades extraescolares. Se atopades calquera erro, non dubidedes en consultar con nós para subsanalo. 

andaravia.anpa@gmail.com  e  santiago@actex.es

COMEDOR ESCOLAR: MENÚS DO 1º TRIMESTRE

Xuntamos menús correspondentes ao 1º trimestre. Poden consultalos no documento adxunto. Se algunha familia precisa de copia impresa, pode solicitala no centro.

Bo proveito!!

ANPA ANDARAVÍA...

Prezadas familias

Queda a vosa disposición o listado e folla de inscrición das actividades extraescolares. Recordade que tamén podedes facer a inscrición de forma online no formulario que está na páxina web.

https://forms.gle/nWJ9iqkXPGRGUdrMA

 Saúdos

REUNIÓNS TITORÍAS E FAMILIAS

As reunións de comezo de curso das distintas titorias coas

familias están convocadas nas seguintes datas:

5º INFANTIL              Luns 16 - 17:00h                  
6º INFANTIL Luns 23 – 17:00h
2º PRIMARIA Luns 16 - 17:00h
3º PRIMARIA Luns 30 – 17:00h
4º PRIMARIA Luns 30 – 17:00h
5º PRIMARIA Luns 23 – 17:00h
6º PRIMARIA Luns 30 – 17:00h

LISTAXES ALUMNADO POR GRUPO/AULA, CURSO 2019/20

Listaxes do alumnado por grupos/aula no curso 2019/20.

Distribuir contido


by Dr. Radut