Skip to Content
Lugar de Pedrouzos s/n Brión , A Coruña, Tfno 881866078 ceip.pedrouzos@edu.xunta.gal

COMEDOR ESCOLAR: MENÚ 1º TRIMESTRE 2021/2022

Xuntamos menús correspondentes ao 1º trimestre. Poden consultalos no documento adxunto. Se algunha familia precisa de copia impresa, pode solicitala no centro.

Bo proveito!!

INFORMACIÓN PARA INICIO DE CURSO

O alumnado accederá ao recinto escolar e ás dependencias da escola, por diferentes portas, con vistas a conseguir que se respeten as distancias de seguridade e facilitar o acceso do alumnado ao centro e ás aulas.

  • O alumnado de infantil poderá acceder acompañado dun adulto.

  • O alumnado de primaria accederá só.

-ENTRADA E SAÍDA AO

LISTAXES GRUPOS CURSO 2021/22

Publícanse as listaxes dos grupos para o curso escolar 2021/22 no taboleiro interior de centro.

Poden acceder pola porta que da a Secretaría e sempre con máscara e respetando as medidas sanitarias.

Lembramos que segundo o recollido na Ley Orgánica 1571999, de 13 de diciembre, de Protección de Datos de Carácter Personal, NON ESTÁ PERMITIDO FACER FOTOS DAS LISTAXES PUBLICADAS NOS TABOLEIROS DO CENTRO.

A DIRECCIÓN

CALENDARIO REUNIÓNS TITORIAS DE INICIO DE CURSO 2021/22

Xúntase táboa informativa coas reunións das titorías para o curso 2021/22.

Lembren respetar as medidas sanitarias correspondentes.

REUNIÓNS INFORMATIVAS PARA O ALUMNADO DE INFANTIL

Publícanse datas para as reunións informativas para as familias do alumnado de infantil.

Pregamos que tan só asista unha persoa por familia. A entrada ao centro será polo portalón de acceso dende os buses.

Agardamos a vosa asistencia.

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2021_22

Xuntase calendario escolar para o vindeiro curso.

Ademáis, informase dos seguintes días festivos:

  • 27 de setembro, Santa Minia.
  • 11 de outubro, Día do Ensino.
  • 26 de maio, Ascensión.

REUNIÓN INFORMATIVA PARA ALUMNADO DE 4º DE INFANTIL

O vindeiro luns 6 de setembro ás 11:00h, faremos unha reunión informativa para as familias do alumnado que o vindeiro curso estará nas aulas de 4º de Infantil (3 anos).

Pregamos que tan só asista unha persoa por familia. Esta reunión terá lugar en cada unha das aulas asignadas.

A entrada ao centro será polo portalón de acceso dende os buses.

Agardamos a vosa asistencia.

LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS/AS NO SERVIZO DE COMEDOR 21_22

O Consello Escolar do 26 de xullo de 2020, acorda adxudicar definitivas as prazas que aparecen no listado publicado no taboleiro do centro, e que cumpren todos os requisitos recollidos na instrucción 2/19 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional do 16 de xuño, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión directa no curso 2020/21.

LISTAXES PROVISIONAIS SERVIZO COMEDOR CURSO 2021_22

O Consello Escolar reunido o 14 de xullo de 2021, acorda adxudicar provisionalmente as prazas que aparecen no listado publicado no taboleiro do centro, ou nos documentos adxuntos, e que cumpren todos os requisitos recollidos na instrucción 2/2021 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional do 1 de xuño, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión directa no curso 2021/22.

Estas prazas están condicionadas a:

LISTAXES PROVISIONAIS AXUDAS DE MATERIAL E FONDO DE LIBROS CURSO 2021_22

A partir de hoxe publicamos no taboleiro interior de anuncios do centro a LISTAXE PROVISIONAL correspondente ao fondo de libros (3º e 4º de primaria), e a listaxe de vales de libros e material escolar para o curso 2021/22.

As persoas que presentaron a solicitude de maneira telemática, poden consultar a resolución a través da aplicación "FONDO LIBROS" unha vez publicadas as listaxes definitivas.

Distribuir contido


by Dr. Radut