Skip to Content

Novas

Convócanse eleccións para renovar a Xunta Directiva da ANPA Andaravía

A ANPA Andaravía convoca eleccións para renovar a súa Xunta Directiva. O regulamento que rexe o proceso está dispoñible para consulta no taboleiro do centro e pode descargarse nesta ligazón, pero resumímosvos aquí a información fundamental:

1. Elixiranse un máximo de 15 persoas para formar parte da Xunta Directiva da ANPA Andaravía para os cursos 22-23 e 23-24.

2. Todas as persoas socias que estean ao corrente do pagamento dos recibos da ANPA poden participar, como candidatas e como votantes.

3. Para facer efectivo este dereito, deberán asegurarse de figurar no censo electoral que xa está publicado no taboleiro de comunicados do CEIP de Pedrouzos. Calquera reclamación sobre o censo pode enviarse ao correo andaravia.anpa@gmail.com, antes do 30 de novembro.

4. As persoas que desexen presentar a súa candidatura á Xunta Directiva, poderán facelo antes do día 9 de decembro a través deste formulario.

5. No caso de que haxa menos de 15 persoas candidatas, proclamarase automaticamente como xunta directiva e darase por finalizado o proceso electoral.

6. No caso de que haxa máis de 15 persoas candidatas, haberá votacións o día 16 de decembro no CEIP de Pedrouzos.

En calquera caso, antes do Nadal comunicarase ás familias socias a constitución da Xunta Directiva e o reparto de responsabilidades.

FORMULARIO CANDIDATAS/OS XUNTA DIRECTIVA ANPA

 

Se queres presentarte como candidata ou candidato para a xunta directiva, preme no seguinte enlace.

 

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScWEmpGaOvwBMKqwrzqh3ZMk41m_I40...

 

SERVIZO DE MADRUGADORXS. 2020 -21

(Pulsa para ampliar)

Prezadas Familias.

Poñemos a vosa disposición a información relativa ao servizo de MADRUGADORXS. Por razóns organizativas, este ano suprímense os días soltos polo que haberá dúas modalidades: mes completo e medio mes.

VIDEOS OBRADOIROS AUDIVISUAIS

Deixámosvos unha mostra dos videos realizados polos alumnos e alumnas de 5º de primaria, a través da actividade organizada pola ANPA Andaravía e que AGARESO se encargou de executar.

 

 

 

 

 

VIVIR AQUÍ

Como todos os meses de novembro a igualdade convírtese nun dos principais aspectos que se traballa e festexa de forma especial nos centros educativos. En Pedrouzos ademais, a igualdade entre homes e mulleres, nenas e nenos incorpórase de forma transversal á programación anual, desenvolvendo actividades nas que este aspecto se coida e sempre está presente. As familias son parte necesaria para que este tipo de actuacións teñan un respaldo fora do colexio e que acaben callando. A ANPA impulsou este ano tamén uns obradoiros para o alumnado de 5º de primaria, a través de AGARESO, esta actuación estivo financiada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia. Durante varias semanas alumnas e alumnos puideron facer obradoiros de radio, análise de publicidade e realización de proxectos audiovusuais; o programa da TVG, Vivir Aquí, fíxose eco desta proposta e quixeron acompañarnos durante unha xornada para ver de perto as actividades e incorporalas nun programa especial que se emitiu este sábado 23 de novembro. Deixámosvos aquí o enlace para que o poidades ver: (preme na imaxe)

 

SAMAÍN 2019

Compartimos con vós o video que resume un día de medo!

 

CHARLA INFORMATIVA

O vindeiro martes 29 de outubro, ás 17:30 na Biblioteca do Colexio terá lugar unha charla informativa impartida pola ASOCIACIÓN AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros/as Solidarios/as). A charla enmárcase dentro das actividades programadas pola ANPA grazas á subvención recibida da Secretaría Xeral de Igualdade para a realización de actividades que fomenten a igualdade entre mulleres e homes e que preveñan a violencia machista. Estades convidad@s.

VIDEO PRESENTACIÓN DO PROXECTO LECTOR

Deixámosvos aquí un video gravado o día 7 de outubro, durante unha das actividades do PROXECTO LECTOR, do noso colexio.

Agardamos que vos guste.

 

LISTADO PROVISIONAL ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

No documento adxunto podedes atopar o listado de alumnos e alumnas admitidas nas actividades extraescolares. Se atopades calquera erro, non dubidedes en consultar con nós para subsanalo. 

andaravia.anpa@gmail.com  e  santiago@actex.es

ANPA ANDARAVÍA, ...BOS DÍAS, COLE!

 Prezadas Familias
 
Como cada ano o servizo de BOS DÍAS COLE, estará dispoñible desde o primeiro día de curso ás 7:30 hrs.  
 
Tedes nos documentos adxuntos, tanto o regulamento como a ficha de inscrición.     
 
  
Distribuir contido


by Dr. Radut