Skip to Content

Novas

FOTOS DE GRUPO CURSO 2018/2019

Aquí tedes as fotos de grupo do curso que remata, poderedes descargar os arquivos ata o día 1 de xullo de 2019. Temos que agradecer o traballo de Mónica Pato, fotógrafa e nai do Centro Escolar que tivo toda a paciencia do mundo para "retratar" todos e cada un dos cursos que temos no noso Colexio.

Preme na imaxe para ver as FOTAZAS!

 

Comeza a semana dos Xogos Alternativos

Tal e como estaba previsto hoxe, luns 10 de xuño, comezou a semana de xogos alternativos no CEIP de Pedrouzos. Durante toda esta semana hai programadas diferentes actividades que se desenvolverán no patio escolar co apoio dun equipo de monitores e monitoras contratados pola ANPA. As actividades, que consisten no desenvolvemento de xogos coma o pano, tira soga, carreiras de sacos, zancos, petanca, futbol sen balón, etc.

Premendo na imaxe, Poderedes ver unha galería fotográfica resumo do primeiro día da actividade.

Xogos alternativos

Por razóns climatolóxicas A ANPA, vese na obriga de trasladar as actividades programadas para esta semana, para a vindeira. Quedando a programación planificada do mesmo xeito, comezaríase o luns 10 de xuño e remataría o venres 14 de xuño.
Consulta os xogos de cada xornada, premento na imaxe

Listado definitivo dos candidatos e candidatas á Xunta Directiva.

Publicamos no documento adxunto a relación de candidatas e candidatos que formarán parte da nova Xunta Directiva da ANPA. Tal e como estaba previsto no regulamento, ao non cubrirse os 15 postos da Xunta, todas as persoas que se presentaron formarán parte directamente da Xunta Directiva, dándose por concluído o proceso electoral.

 

Contas ANPA 2017 - 2018

Na asemblea celebrada o día 24 de setembro de 2018, quedaron aprobadas as contas do curso 2017-18. Deixámosvos en documento adxunto a información para a súa consulta.

A ANPA Andaravía solicita a Creación dun Consello Escolar Municipal

Representantes da ANPA Andaravía xunto con representantes doutras ANPAs de Centros de Ensino do Concello de Brión, rexistraron esta mañá unha solicitude para a creación dun Consello Escolar Municipal, que sexa o órgano de debate, consulta e participación para planificar a política educativa do Concello.

 

Entroido 2017

Rexeitamento á proba xeral de 3º de Primaria e/ou á proba xeral de final de etapa en 6º

Engadimos a documentación para imprimir e entregar ó Sr Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no caso de rexeitar á LOMCE e, por tanto, á proba xeral de 3º de Primaria e/ou á proba xeral de etapa en 6º de Primaria.

 

PXA do CEIP PEDROUZOS CURSO 2015-16

Recéntemente aprobada a Programación Xeral Anual do colexio de Pedrouzos, poñémolo á vosa man. 

Distribuir contido


by Dr. Radut