Skip to Content

Organización

Memoria da bilblioteca 2012/13

Agora, que estamos a rematar o curso, é o momento de facer o reconto das actividades feitas, reflexionar sobre o grao de cumplimento dos obxectivos que nos propuxemos na biblioteca e pensar no futuro e en novas actuacións e propostas. A través desta ligazón podedes acceder á memoria anual deste curso.

memoria curso 2012/13


A Cultura pode estar ao alcance de todos...


É, tamén un dos obxectivos polo que dende a biblioteca e coa axuda dun grupo de nais decidimos poñer e marcha este proxecto da "Axenda Cultural". O que pretendemos é recoller as actividades culturais,  musicais, deportivas ... que acontecen na nosa comarca axeitadas para rapaces e rapazas das idades dos nosos fillos e fillas.

Sabemos que na educación dun neno son piares esenciais a familia, o colexio, e non menos importante a arte e a cultura, ese mundo onde poden abrir a súa imaxinación...

Desexamos que este primeiro número que acaban de levar os nenos e nenas a casa, vos guste e sexa de moita utilidade!!

Podedes consultar a axenda dende a web, premendo en "axenda cultural" na banda azul superior. Irase actualizando constantemente e dende ela podedes ver os novos eventos e as últimas actualizacións.

Maite Carrillo
Ana Vila
Noemí Pazó
Karen Oijman


Presentamos a nosa biblioteca

Ao longo do mes de setembro e outubro celebramos as primeiras xornadas de portas abertas ás familias. O noso propósito foi dar a coñecer as actividades que realizamos , amosar  o noso funcionamiento e tamén convidar aos pais e nais a colaborar con nós nas actividades que estamos argallando para este curso. Unha destas colaboracións permitirá editar todos os meses unha Axenda Cultural na que recolleremos actividades culturais, deportivas e educativas que teñen lugar na nosa comarca e que recibirides nos vosos fogares.

Tamén realizamos as sesións de formación, para o noso alumnado no que se lles presentaron as normas de uso deste servizo e se lles explicou como están organizados os nosos fondos co fin de facer usuarios autónomos. Este traballo terá continuidade nas titorías.


MEMORIA BIBLIOTECA cursos 2010/11 e 2011/12

Se vos interesa coñecer as actividades desenvolvidas pola biblioteca nos anteriores cursos podedes acceder as memorias anuais a través das seguintes ligazóns:

curso 2010/11

curso 2011/12

FAMILIAS COMPROMETIDAS COA LECTURA

Nas xornadas de portas abertas para as familias, ademáis de amosarlles a nosa biblioteca e explicar cuestións sobre o seu funcionamento, queremos concienciarlles sobre a importancia que teñen eles para fomentar nos seus fillas e fillos o gusto pola lectura e a adquisición de hábitos lectores.

Na seguinte presentación se lles dan uns consellos e recomendacións moi prácticos que agardamos sexan utís.

 

Boletín informativo nº 8

Acabamos de publicar un novo boletín de información da biblioteca, nel podedes atopar as novas e actividades desenvolvidas dende este servizo educativo.

Neste número que será distribuído entre o alumnado facemos un ofrecemento ás familias: recibir os próximos boletíns e informacións da biblioteca a través do correo electrónico. Se conseguíramos que gran parte das familias solicitaran esta modalidade de envio, aforrariamos en papel e contribuiríamos a facer un uso responsable dos recursos naturais.

"Internet con cabeza"

Este venres o alumnado de quinto e sexto do cole tivo a oportunidade de asistir a unha charla dada por un axente da Garda Civil sobre o emprego responsable da rede.

Internet estase convertindo nunha das principais fontes de información, coñecemento  e lecer , pero é necesario facer un uso seguro da mesma co fin de evitar os seus riscos e perigos.

Ao remate da charla os rapaces puideron facer preguntas ao ponente sobre cuestións que lles inquietaban.

Para completar esta actividade, o martes 5 de abril ás 16:30 , haberá unha charla para familias e profesorado na que se tratará este tema e se darán unha serie de consellos e normas de actuación sobre como promover un uso axeitado da internet por parte dos rapaces.

Agardamos a presenza de todos os interesados!

Podedes comprobar os vosos coñecementos sobre a privacidade na rede a través deste xogo "privial".

privacidade

COLABORADORES DA BIBLIOTECA

Este curso comezamos unha nova experiencia na biblioteca que está resultando moi positiva.

Cada día, no recreo da manán, dous nenos  axudan nas tarefas propias deste espazo: colocación dos libros, axudar aos compañeiros na busqueda de materiais, anotar as reservas para O Ciber... O  obxectivo era o de involucrar aos rapaces e que sentiran a biblioteca como algo propio, a coñeceran e axudaran a coidala e a manter a orde.

Cada trimestre renóvanse estes cargos. Ao final do primeiro, para agradecerlles a súa participación, realizamos unha chocolatada á que foron todos convidados, xunto cos colaboradores da ludoteca. Pasáronno moi ben polo que xa estamos pensando en repetila ao final deste trimestre. Moitas grazas a todos eles!


REDE DE BIBLIOTECAS DE GALICIA

Maís dun ano levamos pertencendo a esta rede e aínda non vos avisamos que podedes consultar o catálogo da biblioteca a través da web.

Soámente tedes que acceder á esta páxina  http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/Biblioteca.aspx?CodigoBiblioteca=CEC103 e realizar a busqueda que vos interese segundo diferentes criterios: autor, título, materia... tamén tedes información sobre os materiais máis emprestados e sobre os novos fondos existentes.

Distribuir contido


by Dr. Radut