Skip to Content

Novas COVID-19

Novas do COVID-19

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS PARA O ALUMNADO 2021-2022

Publicada a orde que regula o acceso ás máscaras de protección que a Xunta pon á disposición do alumnado de Primaria, ESO e Bacharelato

Tal e como establece a convocatoria, todo o alumnado que conta con axudas de material escolar da Consellería de Cultura, Educación e Universidade no presente curso 2021-22, será beneficiario directo das máscaras, polo que neste caso non terá que formalizar ningunha solicitude.

O resto do alumnado -aínda que non conte con axuda de material escolar- tamén poderá beneficiarse so subministro de máscaras sempre que reúna o requisito de renda per cápita igual ou inferior a 6.000€. Para facer o cálculo deben tomar os datos da Renda do 2019.

 

O prazo de solicitude vai desde hoxe luns 15 de novembro ata o venres 26. Para entregar a solicitude se é o caso, poden facelo no centro de 10:00h a 13:30h.

Actualización do protocolo de centros e novos protocolos específicos ante a Covid 19 (22 de Setembro)

Resolución conxunta, de data 22 de setembro de 2020, das Consellerías de Cultura, Educación e Universidade e de Sanidade pola que se aproba a actualización do “Protocolo de adaptación ao contexto da covid 19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020-2021”, así como os Protocolos de “prevención da transmisión da covid-19 no alumnado con necesidades educativas especiais para o ámbito educativo” e o de “prevención da transmisión da covid-19 nos comedores dos centros educativos non universitarios”.

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/31984

MODELOS DE ENQUISA E DECLARACIÓN RESPONSABLE COVID-19 FAMILIAS

Hoxe enviouse ás familias o modelo de declaración responsable que tedes que enviar cumplimentada ás titorías.

Xuntamos a Enquisa de Autoavaliación clínica do COVID, que debedes ter en conta cando fagades o "chequeo" dirario d@s nen@s antes de envialos ao centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut