Skip to Content

Linguas estranxeiras

Samaín 2023

Vaia cole máis terrorífico. O colexio de Pedrouzos mete medo en Samaín!


O alumnado de 1º e 2º de Educación primaria fixeron unha manualidade de Halloween. Spooky!

              

Aulas virtuais de Educación Infantil e Educación Primaria

Preme na imaxe de abaixo para acceder á aula virtual de English Educación Infantil.

English Infantil

Prema na seguinte imaxe para acceder á Aula Virtual do colexio. A continuación escolle o curso de Educación Primaria (1º, 2º, 3º e 4º) e finalmente preme no curso de inglés.

 

Plurinfantil: Proxecto Plurilingüe na Educación Infantil

O centro foi incluido no Proxecto Plurilingüe na Educación Infantil.

Implica a integración do inglés dende un punto de vista lúdico non só na área de linguaxes, senón a través de todas as áreas cun enfoque globalizado baseado en tarefas e proxectos e nos cales as TIC están presentes.

No proxecto presentado dende o centro (que se pode ver nos adxuntos) se explican ademáis dos obxectivos, contidos e estratexias metodolóxicas, as actividades plantexadas a través dunha sesión semanal de TICs e outra de ioga, en inglés, para cada grupo de Infantil.

 

O pasado 15 de novembro foi a entrega de distincións aos centros educativos que este curso ampliaron o plurilingüismo a infantil, coma é o noso caso.

Estas distincións, con forma de estrela de diferentes cores para cada etapa, recibíronas os 83 centros que estenderon este curso 2017/18 o plurilingüismo a educación infantil (Plurinfantil), en toda Galcia.

Plurinfantil

Bye Melissa !

Melissa, a auxiliar de conversa , que estivo con nós ao longo do curso, remata a súa estadía e volta ao seu país. Para o noso alumnado foi unha experiencia moi boa e unha oportunidade única de mellorar o seu inglés e coñecer un pouco máis da cultura americana. Desexámoslle unha boa viaxe de volta e esperamos poder seguir en contacto. Bye Melissa ! We´ll miss you !

 

Hi Courtney!

CAVE ART

 

Cando  dende a biblioteca nos propuxeron traballar a Prehistoria, os nenos e nenas de 3º de Primaria estivemos pensando e...,  finalmente  decidimos facer  unha réplica dunha cova prehistorica na clase de plástica.

Fixémola así:

fotografia da cova

1.  Buscamos no ordenador imaxes de pinturas prehistóricas e eleximos unha que nos gustara.

Goldilocks and the 3 bears

Distribuir contido