Skip to Content

CAVE ART

 

Cando  dende a biblioteca nos propuxeron traballar a Prehistoria, os nenos e nenas de 3º de Primaria estivemos pensando e...,  finalmente  decidimos facer  unha réplica dunha cova prehistorica na clase de plástica.

Fixémola así:

fotografia da cova

1.  Buscamos no ordenador imaxes de pinturas prehistóricas e eleximos unha que nos gustara.

2.  Enrugamos  papel de embalar de cor marrón e logo volvémolo  estirar, pero tiña que quedar  aínda bastante enrugado.

3.Fixemos  un debuxo dun animal ou persoa por exemplo:un búfalo, un guerreiro... cunha cera Manley de cor negra.

4. Coloreámola con ceras Manley de cor marrón ou outros  tonos terra. Tamén lle fixemos un fondo.

5. Por último, a profesora e Melissa pegaron todos os noso debuxos no oco da escaleira, intentando imitar a forma dunha cova.

 

E coas pedras e paos imitamos unha fogueira. Parece unha cova de verdade !!




page | by Dr. Radut