TODO O ALUMNADO DEBE PRESENTAR OS IMPRESOS TANTO SE SOLICITA COMO SE NON SOLICITA.
Lembren que o horario de atención ás familias é de 9:30 a 13:30h.
1º - ALUMNADO DO CENTRO
O prazo para solicitar os servizos complementarios dende o LUNS 12 DE XUÑO ata o LUNS 19 DE XUÑO, ámbolos dous incluídos.
Repartiranse os impresos a través dos titores/as, e una vez cubertos, entregaranse nas titorías.
O alumnado de 6º curso que non pase para o IES, deberá recoller os impresos na CONSERXERÍA, xa que para este alumnado non se reparten as solicitudes.
2º - ALUMNADO NOVO NO CENTRO QUE AÍNDA NON FORMALIZOU A MATRÍCULA
Deberán descargar os impresos da páxina web do centro ou ben solicitalos na CONSERXERÍA.
O prazo para presentalos é o mesmo que o de matrícula, dende o 20 ATA O DÍA 30 DE XUÑO.
TODO O ALUMNADO que solicite o comedor escolar, queda PENDENTE de entregar a AUTODECLARACIÓN, (impreso no que marcan a casilla que corresponde pagar por día de uso do comedor segundo a renda), que poñeremos na páxina web do centro tan pronto como a Consellería de Educación publique a Instrución de Comedores Escolares. Deberán achegala á Secretaría do centro no horario de atención ao público ata o 14 de xullo.