Skip to Content

LISTAXES PROVISIONAIS SERVIZO COMEDOR CURSO 2021_22

O Consello Escolar reunido o 14 de xullo de 2021, acorda adxudicar provisionalmente as prazas que aparecen no listado publicado no taboleiro do centro, ou nos documentos adxuntos, e que cumpren todos os requisitos recollidos na instrucción 2/2021 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional do 1 de xuño, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión directa no curso 2021/22.

Estas prazas están condicionadas a:

  1. Protocolos que publique a Consellería de Educación e a Consellería de Sanidade para a organización de comedores escolares.
  2. Dispoñibilidade de colaboradores/as suficientes para atender o servizo cumprindo con todas as medidas.
  3. Calquer outra circunstancia que incida directamente no desenvolvemento do servizo.

O prazo de subsanación de documentación é de 5 días, rematando o luns 26 de xullo.

As listaxes definitivas, publicaránse nos primeiros días de setembro.

AdxuntoTamaño
LISTAXE PROVISIONAL ADMITIDOS COMEDOR 21_22.pdf29.3 KB
LISTAXE PROVISIONAL EXCLUIDOS COMEDOR 21_22.pdf22.55 KB


page | by Dr. Radut