Skip to Content
Lugar de Pedrouzos s/n Brión , A Coruña, Tfno 881866078 ceip.pedrouzos@edu.xunta.gal

LISTAXES DE MATERIAL ESCOLAR CURSO 2024-25

Xúntanse listaxes de material para o curso 2024-25. En caso de dúbida, deben poñerse en contacto coas titorías correspondentes.

 

ENTRADAS E SAÍDAS DO ALUMNADO CURSO 2024/2025

O mércores, día 11 de setembro empezan as clases do novo curso 2024-2025

O alumnado accederá ao recinto escolar e ás dependencias da escola, por diferentes portas, con vistas a facilitar o acceso do alumnado ao centro e ás aulas.

  •  O alumnado de infantil poderá acceder acompañado dun adulto ata a porta da entrada ao edificio de Educación infantil dende a porta de acceso de autobuses.
  •  O alumnado de primaria accederá só.

 ENTRADA E SAÍDA AO RECINTO ESCOLAR.

PORTA DE ENTRADA E SAÍDA DO ALUMNADO TRANSPORTADO EN BUS ESCOLAR:

  •  Porta da explanada de autobuses.

PORTAS DE ENTRADA E SAÍDA DO ALUMNADO ACHEGADO POLAS FAMILIAS:

  • Porta explanada de autobuses: Educación Infantil.
  • Porta principal de acceso ao recinto escolar: 1º, 2º e 3º de Educación Primaria.
  • Porta peonil fronte parque de bombeiros: 4º , 5º e 6º Educación Primaria.

PORTAS DE SAÍDA PARA ALUMNADO DE PRIMARIA NON TRANSPORTADO, RECOLLIDOS POLAS FAMILIAS

  • O alumnado de infantil debe ser recollido na porta de infantil.

  • Cada alumno/a sae pola porta que lle corresponde segundo o seu curso. (A mesma porta que á entrada) agás os que teñen irmáns/irmás no centro.

  • SÓ PARA IRMÁS/IRMÁNS NO CENTRO. Os irmáns/irmás sairán XUNTOS pola porta que lle corresponde ao de menor idade.

 

 HORARIOS

ALUMNADO BUS ESCOLAR

INFANTIL E PRIMARIA

ENTRADA

SAÍDA

9.35 a 9.45 h

Luns, mércores, xoves e venres: 15.35 h

Martes: 16.20

ALUMNADO ACHEGADO POLAS FAMILIAS

ENTRADA

SAÍDA

INFANTIL: 9,35 a 9,50 h

INFANTIL E PRIMARIA: 14,45 H

PRIMARIA: 9,35 a 9,45 h

 

SAÍDA ALUMNADO COMEDOR E RECOLLIDO POLAS FAMILIAS

Luns, martes, mércores, xoves e venres ás 15,35 horas

Martes ás 16,20 horas.

 

O acceso ao centro péchase ás 9.50 horas para todo o alumnado. A partir desa hora, deberán dirixirse á conserxería do centro para acceder ás aulas 

Estos horarios non afectan ao alumnado de 4º de Educación de Infantil DURANTE o período de adaptación.

CALENDARIO REUNIÓNS INICIO DE CURSO 2024/25

Infórmase das datas de reunión de inicio de curso 2024-25 das titorías.

  • 4º Infantil: xa realizada.
  • 5º Infantil: Martes 17 de setembro, ás 17:00h.
  • 6º Infantil: Luns 23 de setembro, ás 17:00h.
  • 1º Primaria: Martes 10 de setembro, ás 16:30h, os grupos 1ºB e C. O grupo de 1ºA, terá a reunión inicial o luns 16 de setembro ás 16:30h.
  • 2º Primaria: Luns 23 de setembro, ás 16:30h.
  • 3º Primaria: Luns 23 de setembro, ás 17:15h.
  • 4º Primaria: Luns 23 de setembro, ás 17:15h.
  • 5º Primaria: Luns 16 de setembro, ás 17:30h.
  • 6º Primaria: Luns 16 de setembro, ás 16:30h.

As reunións terán lugar nas aulas de cada curso, agás 5º de primaria, que posiblemente farán unha conxunta na biblioteca.

PRAZO PRESENTACION SOLICITUDES PARA COLABORADORES E COLABORADORAS PARA O SERVIZO DE COMEDOR CURSO 2024-25

Ábrese o prazo de admisión de solicitudes dos membros da comunidade educativa para actuar como colaboradores/as voluntarios/as nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar durante o curso 2024/2025, ATA O 6 DE SETEMBRO.

LISTAXE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2024-2025

Xúntase listaxe de libros de texto para o curso 2024/25.

SERVIZO COMPLEMENTARIO: COMEDOR ESCOLAR 2024-25

PRAZAS DEFINITIVAS

  • As solicitudes de comedor que foron presentadas fóra de prazo cos números de rexistro:

                   273 - 274 - 275 - 276 - 277 - 279 - 288 - 291 - 292

                   iniciarán o servizo o LUNS 16 de SETEMBRO

  • As familias que regularizaron o pago no verán por ter recibos pendentes deben presentar os xustificantes da entidade bancaria.
  • Todas as demáis solicitudes, presentadas en prazo e cos recibos ao día ata o mes de maio comezarán o servizo o MÉRCORES 11 DE SETEMBRO.

SERVIZO COMPLEMENTARIO: COMEDOR ESCOLAR 2024-25

Todas as solicitudes de comedor escolar presentadas en prazo (20/06/2024 ó 05/07/2024), están ADMITIDAS, agás: 

1.-Aquelas solicitudes que non estén ao corrente de pago do curso 2023-24, tal coma se recolle na INSTRUCIÓN 1/2024, DA SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, CIENCIA, UNIVERSIDADES E FORMACIÓN PROFESIONAL, DO 1 DE XUÑO, SOBRE FUNCIONAMENTO DOS COMEDORES ESCOLARES DE XESTIÓN DIRECTA NO CURSO ESCOLAR 2024-2025, "a falta de aboamento total ou parcial do importe do servizo por parte dos usuarios será causa de perda da praza de comedor".

Este punto fai referencia a aquelas familias que non teñen a día de hoxe feito o pago de meses anteriores ao mes de maio.

 2.-Solicitudes presentadas FÓRA DE PRAZO.

LISTAXE DEFINITIVO FONDO DE LIBROS PARA O CURSO 2024/25 E VALES DE MATERIAL

FONDO LIBROS:

Rematados os prazos correspondentes, publicamos a listaxe definitiva da adxudicación do fondo solidario de libros de texto convocadas na Orde do 7 de maio de 2024 Esta adxudicación corresponde ao alumnado de 3º e 4º de primaria.

Poden consultalas no taboleiro interior de anuncios do centro.

Ao alumnado que aparece nas listaxes, entregaráselles ao comezo de curso os libros asignados nas súas titorías. Lembren as familias, que hai libros e cadernos de traballo que deben mercar ao non estar incluídos no fondo solidario.

NOVAS ANPA: ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E DE CONCILIACIÓN CURSO 24/25

A ANPA Andaravía mantén aberto o prazo de prazo de matrícula para as actividades extraescolares e de conciliación para o curso 2024-2025. A planificación foi realizada tendo en conta o cambio de horario no centro para o vindeiro curso.
 
En materia de conciliación, continúa o programa Bos días cole (madrugadores/as) e incorpóranse como novidade as Tardes divertidas. Canto ás extraescolares, proponse unha oferta diversa para todas as idades.
 
Importante: só se impartirán as actividades que teñan máis de 8 alumnos/as matriculados/as o 28 de xullo. Con todo, no caso de haber prazas libres, poderán sumarse outros alumnos/as na matrícula extraordinaria de setembro.

Podedes realizar a matrícula nas extraescolares a través do seguinte formulario:
 
 
A Xunta Directiva da ANPA ANDARAVÍA
 
ANPA ANDARAVÍA
email: andaravia.anpa@gmail.com
FB: https://www.facebook.com/anpa.andaravia
enderezo: CEIP Pedrouzos, Brión

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2024/2025

O período lectivo nas ensinanzas de educación infantil e educación primaria realizaranse desde o día 11 de setembro de 2024 ata o 20 de xuño de 2025, ambos incluídos.

Os períodos de vacacións escolares no curso académico 2024/25 serán os seguintes:

  • Desde o día 23 de decembro de 2024 ata o día 7 de xaneiro de 2025, ambos incluídos.

  • Os días 3, 4 e 5 de marzo de 2025.

  • Desde o día 14 ata o día 21 de abril de 2025, ambos incluídos.

O Día do Ensino, que ten a consideración de día non lectivo, celebrarase o 31 de outubro de 2024.

A maiores os días 27 de setembro e 29 de maio terán carácter de festivo local.

Distribuir contido


by Dr. Radut