Skip to Content
Lugar de Pedrouzos s/n Brión , A Coruña, Tfno 881866078 ceip.pedrouzos@edu.xunta.gal

LISTAXES LIBROS DE TEXTO CURSO 2020/21

Xuntamos relación de libros de texto para cada un dos niveis educativos para o curso 2020/21.

RECOLLIDA E DEVOLUCIÓN DE MATERIAIS ESCOLARES

De acordo coa RESOLUCIÓN DO 22-05-2020, DA CONSELLERÍA DE EUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL, debemos organizar a recollida de material do alumnado que xa non var ter actividade presencial no centro este curso, e a devolución de libros de texto e outros materiais que o alumnado teña nas súas casas.

LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2020 - 21

Informamos que todo alumnado que solicitou praza para o curso escolar 2020/21 foi admitido.

Teñen que formalizar a matrícula no centro dende o 1 ao 10 de xullo.

CORRECCIÓN INSTRUCCIÓNS FONDO DE LIBROS 20-21

Na Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso escolar 2020 - 21, que saíu publicada no DOG o día 19 de maio de 2020, produciuse un erro, que aparece na páxina 20658: O recadro da base impoñible xeral da declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas do exercicio fiscal 2018 que figura publicado é o 432, cando o recadro correcto é o 435.

Vaise facer a oportuna corrección da orde no Diario Oficial de Galicia.

 

NOVO HORARIO ATENCIÓN DO CENTRO

O  HORARIO DE ATENCIÓN PRESENCIAL ÁS FAMILIAS É DE 9:30h a 13:30h

No caso de acceder ao centro, e póla saúde de tod@s, é moi importante que na medida do posible, traiades máscara, luvas, e respetedes as instrucións de hixiene e distanciamento físico.

A Dirección

Adaptación das Programacións COVID-19 Curso 2019 - 20

Adaptación das Programacións COVID-19

LETRAS GALEGAS 2020

Como sabedes o domingo 17 maio celebramos o Día das Letras Galegas.
 Hoxe, estaríamos tod@s na Carballeira desfrutando dunha actuación con: Charo Pita e Xoán Curiel.

17 DE MAIO. DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Este ano o día das Letras Galegas, terémolo que pasar confinados e confinadas.

Ricardo Carvalho Calero é o homenaxeado deste ano 2020. Pero a Academia deixa a celebración deste día para o mes de outubro.

Non por iso queremos deixar de celebralo. E  queremos propoñémosvos facer unha celebración colectiva dende os distintos lugares do Concello, lugares onde se atopa o noso alumnado.

IMPORTANTE! REAPERTURA PRAZO DE ADMISIÓN CURSO 2020-21

Restablécese o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.

  Novos prazos do procedemento:

Distribuir contido


by Dr. Radut