Skip to Content

Novas

MAGOSTO...

Até agora non foi posible realizar o magosto debido ao mal tempo que fixo durante este mes, e ante as datas nas que nos atopamos, suspendemos o Magosto deste ano.

Grazas pola paciencia e a vosa colaboración.

Dirección

PORTAS DE MEDO...

Outro ano máis, todas as portas das aulas do centro convertíronse en portadas de contos de medo, que contamos o 30 de outubro.
Ao longo desa semana o alumnado, acompañado polo seus titores percorreron os corredores para ver as portas, e anotarse neses contos.

Os contadores e contadoras foron mestres e mestras do centro, e o noso alumnado volveu disfrutar dunha sesión de medo.

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Un ano máis, o CEIP Plurilingüe de Pedrouzos implícase na campaña institucional que promove o concello de Brión con motivo do 25 de novembro "DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO", na procura dunha sociedade máis xusta, máis libre, máis igualitaria e que loita contra a violencia de xénero;

Contra as violencias machistas, EDUCACIÓN

Convidamos a toda a comunidade educativa a que participe nos actos que se van desenvolver arredor desa data e agradecemos de antemán a implicación de todos e todas na mesma.

Ver Galería de Fotos

VALES DE MATERIAL E LIBROS PARA O CURSO 2019/20

A partir do luns 8 de xullo, pódese pasar a recoller os vales de material escolar e de adquisición de libros de texto e material escolar.

Estes vales entregaránse ás familias na secretaría do centro en horario de mañán (9:30 a 14:00h) ata o 24 de xullo, ou a partir do 2 de setembro.

Estas axudas serán entregadas aos pais, no caso de delegar noutra persoa, deberá traer unha autorización asinada.

Comedor escolar: Menús internacionais

Dende o servizo de comedor escolar tiñamos programado para o venres 8 de marzo seguir cos menús de comida internacional. Pero, debido a folga con motivo do Día Internacional da Muller Traballadora, pospoñemos o menú do continente europeo, para o seguinte venres, 15 de marzo, coa seguinte proposta:

- Ensalada César (leituga, polo, pan torrado, parmesano e mollo César: ovo, anchoas, aceite de oliva, sal, allo, vinagre e parmesano).

- Quiche Lorreine (masa brisa, ovos, leite, panceta, queixo relado, sal).

Ver receitas nos anexos.

Postre- Macedonia (mandarina, uva e frambuesa).

Que aproveite! ¡Que aproveche! Καλη Ορεξη! Bon appétit! 

Renovación parcial Consello Escolar 2018 (III)

 1ª Reunión Xunta electoral:

Hoxe martes celebrouse a primeira reunión da Xunta electoral, contituíndose, aprobando o calendario electoral e abrindo o periodo de presentación de candidatura.

Xuntamos documento para a inscripción de candidaturas, que deberán entregar debidamente cumprimentado na secretaría do centro se desexan presentar a súa candidatura.

Renovación parcial Consello Escolar 2018 (II)

Contituída a Xunta electoral para a renovación do Consello Escolar.

Feito os sorteos nos distintos sectores, a mesa queda constituída da seguinte forma:

Presidente: José Antonio Martínez Lista

Representante profesorado: Narciso Rodríguez García

Representante pais/nais/responsables alumnado: José Antonio Gómez Fraguela

Representante persoal non docente: Estrella María Lema Silva

O próximo martes, 6 de novembro,  a Xunta electoral reunirase para establecer o calendarío electoral.

18 de outubro de 2018

Entroido 2018 - Trailer festival 9 de febreiro

Próximamente, a película completa.

Inicio de curso 2016/17

O  luns, 12 de setembro, iniciamos o curso 2016/17.

O servizo de transporte funcionará coas mesmas rutas e paradas que o curso pasado.

Consulten os listados de admisión do servizo de comedor, cuxo servizo funcionará dende primeiro día.

Horarios de setembro:

-Bos días cole: Dende ás 7:30h

-Entrada no centro familias e transporte: dende ás 9:30h

-Horario lectivo: 9:45h- 14:30h

-Comedor: 14:30h

-Saída de comedor: 15:30h

-Saída de transporte: 16:30h.

Rogamos envíen polo alumnado unha nota a cada titor/a indicando a hora de recollida do alumnado (14:30h, 15:30h, 16:30h), e o uso ou non dos servizos de transporte e comedor.

Benvidos e bo comezo de curso 2016/17.

Distribuir contido


by Dr. Radut