Skip to Content

Novas

MATRÍCULA ALUMNADO CURSO 2021-22

Ábrese o prazo para a matrícula do NOVO ALUMNADO que  foi admitido no noso centro para o curso 2021/2022 dende o  20 de XUÑO ata o 30 de XUÑO.  O horario de secretaría é  10:00h a 13:30 h. de Luns a Venres. Xuntamos documentación para a matrícula.

 

ELECCIÓNS XUNTA DIRECTIVA ANPA

Prezadas Familias.

A Xunta Directiva acordou a semana pasada proceder coa renovación de cargos a través dun proceso de elección, tal e como se celebrou a última vez. A Xunta Directiva actual, estaba en funcións dende outubro de 2020, data na que tocaba renovar os cargos, tal e como se recolle nos estatutos. Pola excepcionalidade da situación tomouse a decisión de retrasar este proceso ata ter a certeza de poder celebralo con seguridade. A mellor situación que temos neste intre, xunto con que consideramos que o vindeiro curso debe comezar cunha nova Dirección eleita e plenamente lexitimada queremos facer un chamamento a que vos presentedes para poder ser eleitos ou eleitas como membros da Xunta Directiva. A continuación poderedes ler o regulamento, e documento anexo.

DÍAS NON LECTIVOS

Lembramos a toda a comunidade educativa do CEIP Plurilingüe de Pedrouzos, que a Xefatura Territorial da Coruña autorizounos o venres 14 de maio como día NON LECTIVO.

 

Polo tanto, comunicamos que o colexio permanecerá pechado o xoves 13 de maio (Festivo local – Ascensión), o venres 14 de maio (Non Lectivo a petición do Centro) e o

DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA EN PEDROUZOS

Este ano tan complicado, queríamos compartir tod@s xuntos os nosos mellores desexos. No patio e reutilizando teas, están as nosas mensaxes de Paz.

RECOLLIDA DE MASCARAS

Xúntase cadro do horario para a recollida das máscaras, así coma dun modelo de autorización se fose preciso, para o alumnado beneficiario por recibir a axuda para material escolar, tal como reflicte a Orde do 6 de novembro de 2020.

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Unha vez máis, a comunidade educativa do CEIP Plurilingüe de Pedrouzos implícase na campaña institucional que promoven as diferentes administracións, entre elas o concello de Brión, con motivo do 25 de novembro "DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO", na procura dunha sociedade máis xusta, máis libre, máis igualitaria e que traballa a diario para rematar con esta outra pandemia que é a da violencia de xénero.

Por eso, un ano máis, decimos alto e claro: contra as violencias machistas, EDUCACIÓN

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS PARA O ALUMNADO

Publicada a orde que regula o acceso ás máscaras de protección que a Xunta pon á disposición do alumnado de Primaria, ESO e Bacharelato

Tal e como establece a convocatoria, todo o alumnado que conta con axudas de material escolar da Consellería de Cultura, Educación e Universidade no presente curso 2020-21, será beneficiario directo das máscaras, polo que neste caso non terá que formalizar ningunha solicitude.

ACTUALIZACIÓN DE DATOS DO ALUMNADO

Informamos ás familias que solicitaron o cambio do seu correo electrónico “xxxx@edu.xunta.gal”, que o deben facer a título persoal entrando na aplicación https://www.edu.xunta.es/datospersoais/ , xa que o centro non está autorizado a modificalo. Se teñen dúbidas, poden consultar no teléfono 881 997 701 da UAC (Unidade de Atención a Centros).

Así mesmo recordar que no caso de cambio de domicilio, e tal coma se pedía na folla de Actualización de Datos, teñen que aportalo á maior brevidade posible no centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut