Skip to Content

Plan TIC

Plantic – Punto básicos

1.Formación do profesorado

Como nos cursos 2008/9 e 2009/10, este curso seguiremos coa formación continuada do profesorado. A participación no proxecto Abalar esixe un formación que pretendemos acadar mediante un obradoiro que se desenvolverá do mes de outubro a maio con máis de 50 horas de formación.

2.Software libre
Dendo setembro de 2008 este centro educativo apostou polo software libre e gratuíto. Todos os equipos do centro teñen como sistema operativo Linux. (Só tres equipos manteñen windows XP por motivos administrativos: secretaría, biblioteca e PDI de infantil).

Empezouse con OpenSuse e este curso 2010/11 mudamos a Ubuntu porque o proxecto Abalar ten nos seus portátiles Ubuntu e decidimos unificar sistemas.

Son xa tres anos de software libre nos que podemos valorar como moi positivos especialmente pola estabilidade dos equipos e a ausencia de virus informáticos.

3.Contornos web
Para facilitar o traballo a profesorado e alumnado optamos por aplicación educativas en contornos web. Profesorado e alumnado non ten que instalar aplicacións nos equipos.
Todos os nosos recursos educativos funcinan en contorno web. Incluso a publicación de traballos se realiza en aplicacións con procesadores web.

4.Intranet

O feito de dispoñer dun cableado integral do centro, permítiunes dispoñer dunha intranet na que dispoñemos de servidores que nos permiten traballar en rede e dispoñer dunha impresión centralizada que abarata os costes dun xeito importante.
Na intraet dispoñemos dun servidor de contidos multimedia, e de ferramentas de xestión para a publicación interna de traballos. No servidor de contidos temos unha réplica das aplicacións de ewebsdinámicas.
Tamén temos un servidor de terminais lixeiros e estamos desenvolvendo un servidor de video e son.

5.Portal web
O centro participa no proxecto Websdinámicas da consellería de educación. Websdinámicas porporcionanos dun portal web (Drupal) , dunha aula virtual (moodle) e dunha galería de imaxes (Coppermine).
A través da páxina web pretendemos informar as familias e ao contorno da vida do centro, tratando de ser un elemento integrados da comunidade escolar.
Coa aula virtual pretendemos ofrecer ao alumnado un espazo de formación no que atopar recursos para apoiar a ensinanza presencial na aula.
A galería é una selección  de momentos gráficos na vida do centro.

6.Equipamento
Non somos un centro especialmente equipado, pero si un centro que se preocupou por aproveitar todos os recursos por moi obsoletos que se supuxeran.
Elo significou recuperar como terminais lixeiros os antiguos pc's do centro. Todas as aulas do centro dispoñen dun terminal lixeiro con acceso a internet e coas funcionalidades de calquera pc.
Dende 2º nivel de primaria todas as aulas teñen cañón de proxección, así como os espazos comuns do centro: Aula de inglés, biblioteca, usos múltiples, sala de profesorado e psicomotricidade.
As titorías e profesorado do centro dispón de equipos portátiles se así os solicitan.

7.Abalar

Este centro solicitou a participación no Plan Abalar e foi selecionado, polo que durante este curso o alumnado de 5º curso de primaria disporá tun portátil permanentemente na aula así como dunha pizarra dixital.

8.Equipo TIC

O equipo TIC é o encargado de dinamizar as tecnoloxías da información e comunicación no centro. Encargase de organizar a formación do profesorado, do mantemento dos equipos, da actualización das aplicacións web do centro, da publicación de contidos e do asesoramento ao rsto da comunidade educativa.

Todos o ciclos teñen responsables no equipo tic.

9.Novos proxectos 2010/11

  • Iniciación dun proxecto de róbotica
  • Instalación dun servidor de video e son
  • Instalación dun novo sistema de terminais na biblioteca


page | by Dr. Radut