Skip to Content

Animación á lectura

Renovada Sección de Inglés na Biblioteca!

Acabamos de estrear unha renovada sección de Inglés na biblioteca.

Os libros están clasificados segundo a súa temática e para identificalos mellor, cada un ten unha cor diferente.

Podedes atopar materiais de "Arts & Crafs", "Science", "History & Geography", "Dictionaries", "Comic" e lecturas de ficcíon clasificadas segúndo o nivel lector "1st Cycle", "2nd Cycle" e "3rd Cycle". Non esquezas visitar a zona especial de Eric Carle!


Paula Carballeira

O Mércores Paula Carballeira visitou aos nenos e nenas de Infantil e deleitoulles coas súas historias. Unha das paixóns desta contacontos son as viaxes, e dunha realizada por Africa, trouxo historias dunha tribu chamada Mangala, onde os homes e as mulleres son os mellores contacontos do mundo enteiro. Como ela mesmo escribiu na dedicatoria do seu libro "OLO-IEPU-IEPU", Son contos para soñar e viaxar coa imaxinación. Ver vídeo

Libros para ver e tocar

As novas adquisicións feitas para a bilioteca están, estes días, expostas na entrada do colexio.
Hai un montón de libros novos, libros de ficción e informativos que queren captar a interese dos nosos nenos e nenas e estimular o seu gusto pola lectura. Tamén ampliamos a sección de libros en inglés cunha interesante e atractiva colección.
Estas novidades permanecerán esta semana na mostra para que o alumnado e profesorado as coñeza, pasando logo a formar parte dos fondos da biblioteca.

 

Ciclo de cine "Coeducación"

Dentro das actividades desenvolvidas en torno á conmemoración do día da muller traballadora, estase realizando un ciclo de cine sobre a igualdade de xénero, a través de dúas películas queremos promover valores e actitudes de respecto e igualdade entre nenos e nenas. Os pases teñen lugar na biblioteca do centro, no recreo do comedor.


Un libro, o mellor agasallo!

Na biblioteca acabamos de elaborar unha guía de suxestións "LECTURAS DE NADAL" que pretende promover  que nestas datas se agasalle aos nenos e nenas con libros.

É un momento especial que podemos aproveitar para fomentar  nos pequenos o gusto pola lectura. A guía está estructurada por idades e amosa títulos interesantes. A guía foi repartida entre as familias e tamén podedes descargala dende aquí.

Boas Lecturas!

Visita do escritor Joan Manuel Gisbert.

Hoxe recibimos a visita de Joan Manuel  Gisbert, un escritor moi divertido. Escribiu moitos libros e nós no cole xa lemos dous, o último  El palacio de los tres ojos.
O escritor veu para comentar os seus libros, principalmente este último que lemos. Tamén nos contou como empezou a escribir, que fora unha decisión difícil e que aos seus pais o comezo asustáralles un pouco.
Fixo preguntas sobre os seus libros e os que acertaban regaláballes unha libretiña moi chula.
A verdade e que o pasamos moi ben e estamos desexando ler outro libro seu. Estamos moi contentos de que Joan Manuel  Gisbert nos visitara!

Lucas e Pedro, 4ºB.

A GRATA VISITA DO CONTADOR DE CONTOS, INACIO VILARIÑO

Hoxe, 29 e mañá 30 de outubro contamos co inxenioso contacontos  Inacio. Sorprendeunos cunha morea de historias, dándolle un protagonismo especial a un animal que aínda que din chamarlle burro, despois de escoitar a este artista chegamos á conclusión que de burro non ten nada. Fíxonos rir, participar e ata asustar; en fin, de todo un pouco.

Finalmente asinou tres dos seus libros cunha dedicatoria en cada un deles. O máis coñecido para os rapaces, Fábula Galénica, traballado nas titorías e do que Inacio representou unha parte na que tod@s os nen@s participaron moi entusiasmados.

SAMAÍN: CINE DE MEDO

Este curso continuamos cos ciclos de cine no recreo do comedor. Xa vai sendo un clásico para nós o ciclo de películas de medo en torno ás datas do Samaín.

Nesta ocasión veremos Monster House o día 25 e 26 de outubro, Bitelchus de Tim Burton os días 29 e 30  e Shrek Terrorífico o mércores 31.

Agardámosvos na biblioteca!!

O JAZZ DOS SOÑOS

Carmela Vieites, alumna de sexto de primaria, ganou o primeiro premio do IX Certame literario de Ames deste ano co seu conto "O Jazz dos soños". pedimoslle que nos presentara o seu traballo  na biblioteca e xunto co seu amigo Pablo fixéronnos unha lectura dramatizada. Como a súa titora dicia -"Seguro que Carmela será unha gran escritora!"

 


23 de abril, Día do Libro

 

Esta semana para conmemorar

o día do libro, teremos todos os

días Contacontos na hora do recreo.

Os narradores serán profes do cole

que nos farán disfrutar da literatura

coas súas narracións.

 

ver fotos desta actividade

cartel día do libro
Distribuir contido


by Dr. Radut