A través deste vídeo queremos visitar os lugares de Santiago e Brión máis destacados na vida do dramaturgo homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. Da man de Roberto percorreremos algúns dos lugares que tiveron para el maior significado, persoal ou profesionalmente. Estes lugares pertencen tanto a Santiago como a Brión, concello que o acolleu nos seus derradeiros anos.