Skip to Content

Visita de Salvador Forján

Este ano, estamos a traballar moito sobre "O teatro" debido ao homenaxe que se lle fará a Roberto Vidal Bolaño no día das Letras Galegas.

Estes días tivemos a gran sorte de que Salvador Forján, técnico de montaxe do Centro Dramático Galego, viñera ao noso cole para falarlle aos nenos do teatro dende unha nova perspectiva; Que é o que pasa detrás do escenario? As charlas foron moi dinámicas, xa que Salvador acompañó as súas explicacións con moitos materiais que nos ensinou e que deixou manipular aos nosos rapaces e rapazas, como varios tipos de monicreques, carautas, sombreiros, a maqueta dun escenenario, focos de iluminación, traxes das actuacións ...

O alumnado de Infantil e primeiro ciclo puido coñecer o mundo do teatro dun xeito moi divertido.

Moitas grazas Salvador pola ilusión que puxeches nesta actividade!    (VER MÁIS FOTOS)

(TRABALLOS NENOS)

 

 



page | by Dr. Radut