Skip to Content

Animación á lectura

Visita do Apalpador

O Apalpador veu da serra do Courel para visitar aos máis pequenos/as de Pedrouzos.

Na noite do 25 ou do 31 de decembro, este xigante bonachón e de oficio carboeiro, abandoa as altas montañas nas que vive e baixa ás aldeas para entrar sen facer ruido nos cuartos dos máis pequenos. Despois de palparlles a barriguiña con moito coidado (de ahí o nome de Apalpador) e comprobar que estaban ben alimentados, desexáballes o que o vindeiro ano non pasen fame e como agasallo de Nadal deixalles unha boa presa de castañas asadas.

 O Apalpador tamén falounos do importante que é ter unha alimentación sá e equilibrada e de respectar e coidar o noso entorno. (ver fotos)

Parabens Daniel !

O noso alumno de sexto de primaria, Daniel Souto Pazó, volve a ser un dos gañadores no Certame Literario do Concello de Ames.

Arsenal é o título do seu traballo, un relato sobre un misterio acaecido nunha estación pantasma do metro de París. Estamos desexando lelo!!!!

A entrega dos premios tivo lugar no Concelllo de Ames o día 15 de Maio.

Na fotografía podemos velo xunto cos outros gañadores (quinto pola esquerda na primeira fila).

CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO CON EDUARDO DE ROJAS

O xoves, 23 de abril, co motivo do Día do Libro, o alumnado de Infantil e o de 5º e 6º de Primaria tiveron un encontro co escritor Eduardo de Rojas Rebolledo quen lle leu algún fragmento dos seus libros Kakarracas e El Barcarola e comentoulles como era o proceso de escribir e de publicar un libro.

Agradecémoslle a súa adicación e o seu compromiso coa nosa escola.

                 

Contacontos Atlántica

Durante esta semana, todo o alumnado do CEIP Pedrouzos participou nun programa de contadores e contadoras de contos, escoitando historias, anécdotas e contos,  con motivo da celebración da  3ª edición do Festival Internacional de Narración Oral “Atlántica”.

Contamos coa presencia de Patricia Mc Gill, de Uruguai, para Infantil; con Ana Lage, de Portugal, para os de 1º e 2º; con Magda Labarga, de Canarias, para os de 3º e 4º  e finalmente, con Yoshi Hioki, de Xapón, para os de 5º e 6º .

Resultou unha actividade moi emocionante e interesante, con moitas ganas de repetila para o próximo curso.

Patricia Mc Gill Ana Lage
Magda Labarga Yoshi Hioki

Agradecemos a súa presenza e o rato tan fantástico que pasamos coas súas historias.

DÍA DA ÁRBORE E DA POESÍA

Para celebrar o DÍA DA ÁRBORE E DA POESÍA, o equipo da biblioteca pediunos facer unha árbore na que plasmar diversos poemas relacionados co tema a traballar na escola, A LUZ. O que os nenos e nenas de 5º de Educación Infantil A escollimos titúlase RAIOLA do libro FARRAPOS DE NUBE de XOAN NEIRA e os nosos padriños e madriñas de lectura de 6ºC axudáronnos a facelo.

Queremos mostrarvos o resultado.

A maleta dos libros

Dende á biblioteca e como o curso pasado recuperamos para infantil e o primeiro ciclo a actividade da maleta dos libros; nela cada semana atopamos un libro. Un conto, un libro de poemas... unha nova proposta de lectura para voar ao mundo dos contos e da imaxinación na nosa hora de biblioteca.

  

Unha nova emoción cada semana, un novo descubrimento, un verdadeiro placer!!!

De novo cos padriños

Como o curso pasado compartirmos intres de lectura entre os máis maiores, os nenos e nenas de 6ºB e os de 5º de Infantil A. Eles non só nos len os contos que nós escollemos, senon que conversan connosco e nos ensinan como colaborar na orde da biblioteca, axudándonos a colocar cada libro no seu andel atendendo á correspondente sinatura.

Contos de medo polo Samaín

O alumnado de Educación Infantil durante toda a semana durante o Plan lector escoitou contos de medo polo Samaín. Leron os contos a profe Susana, a profe María e a profe Mónica

 

 

Foi terroríficamente divertido!!!

CELEBRAMOS O SAMAÍN

Durante esta última semana de outubro,  celebramos O Samaín, festa de orixe celta, na que participou toda a comunidade educativa aportando manualidades como cabazas decoradas e diversas composicións terroríficas, que estiveron expostas na entrada do colexio.

Durante o recreo, o alumnado que participou na creación de microrrelatos de medo, tivo a oportunidade de lelos na biblioteca.

LUNS MARTES MÉRCORES XOVES

Roi Álvarez 2ºB

Héctor Ojea 2ºB

Naiara Calvo 3ºA

Violeta Fornés 3ºA

Lorena González 3ºB

Claudia Rodríguez 3ºC 

Sara Molinos 5ºB

Mara Villamarín 2ºC

Silvia Rabuñal 2ºC

Eirena Souto 4ºC

Saleta Lorenzo 6º B

Lorena Diéguez 5ºB

Matías Rodríguez 5ºB

Sara García 5ºB

Diana Cantorna 5ºB

Manuel Fernández 5º B

Sara García 6º B que

leu o relato de Saleta

Daniel Souto 6ºC

Tamén se proxectaron películas relacionadas con esta festa, no recreo da tarde

Moitas grazas a todos e todas pola vosa colaboración.

Prema na imaxe para acceder á galería do Samaín.

BRINCA VAI! con Paco Nogueiras

Brinca Vai! é un novo libro-cd-dvd con 12 cancións compostas e interpretadas polo músico Paco Nogueiras. David Pintor elaborou as ilustracións, que se completa cos videos dirixidos por Sr.Sagüillo, nos que colaborou o alumnado do noso centro. “Brinca Vai!” proponnos unha viaxe musical ao longo dos 12 meses do ano, cantando e bailando temas vencellados coa natureza, a amizade, a lingua galega, os xogos populares ou as festas tradicionais, dende o entroido ao Nadal, pasando polo Samaín ou o magosto.

O día 28 de Maio, Paco Nogueira volveu a visitarnos xunto co seu equipo para presentarnos o seu traballo. Os nenos emocionáronse ao verse en dous dos seus vídeos.

Caratula do disco de Paco Nogueiras Paco Nogueira na presentación do seu traballo.
Distribuir contido


by Dr. Radut