Skip to Content

Animación á lectura

warning: Parameter 2 to wijering_swftools_flashvars() expected to be a reference, value given in /srv/www/drupal6/includes/module.inc on line 476.

Certame Literario de Ames

O noso alumno Daniel Souto Pazó foi un dos gañadores do XI Certame Literario convocado polo Concello de Ames.

Na foto podemos ver a entrega dos premios na Casa de Cultura do Milladoiro o día 16 de Maio.

Parabéns Daniel!!!!

23 abril, día do libro

Para conmemorar o día do libro, esta semana temos un festival de contos doutros países. Coñeceremos contos tradicionais de varios países: Uruguai, Siria, Irlanda e Venezuela. Moitas grazas aos contadores!

(pincha na imaxe)

Padriños e madriñas de lectura

Dende o comezo de curso estamos a desenvolver unha actividade de animación á lectura que chamamos "Padriños e madriñas de lectura".

Os nosos rapaces máis pequenos teñen un padriño ou madriña no centro  cos que comparten lecturas unha vez á semana. É moi importante na consolidación do hábito lector o componente emocional. Todos lembramos os momentos tan especiais  que de cativos compartimos con outras persoas lendo ou escoitando narracións e deixando voar a nosa imaxinación. Neste vídeo podemos ver eses momentos tan "máxicos" que compartiron os nosos nenos e nenas.

sentímolo, flash non está dispoñible.

Libros e Linguas

Na biblioteca está ubicada unha exposición de libros noutras linguas. Esta mostra foinos empréstada por Chefa Lago Vázquez, docente coleccionista de materiais impresos en diferentes idiomas e linguas. Tamén contamos con materiais proporcionados polo noso alumnado. Hai exemplares de linguas tan diferentes como Tailandés, Xaponés, Chinés, Bretón, Rumano...

A exposición estará ata o día 31 deste mes e convidamos ás familias a visitala no horario de apertura da biblioteca ás familias: todolos días de 4:30 a 5:30h.

 

Contacontos con BONI OFOGO

Do Camerún veu Boni Ofogo a contarlles aos nenos e nenas un montón de contos. Introducíunos nun mundo pouco coñecido, o África Negra, onde as personaxes e os feitos das súas historias recrean o espiritu deste continente

Foi unha sorpresa para o noso alumnado de infantil e do primeiro ciclo que non agardaban comezar a semana deste xeito tan especial!

Literatura fantástica

Na biblioteca ampliamos a colección de literatura fantástica con títulos de dous escritores moi coñecidos neste xénero: Laura Gallero e Rick Riordan, creadores de sagas como:"As Crónicas da Torre" ,"As crónicas de Kane" e "Percy Jackson".

Almudena Alonso, investigadora que está facendo un estudo sobre a Competencia Dixital no noso centro para a súa tese, é unha grande aficcionada a este estilo narrativo. Ela fixo a presentación, aos nosos alumnos e alumnas de sexto, destes novos fondos, cunha introdución sobre as orixes e temáticas deste xénero.

Agradecemoslle a Almudena que compartira connosco esta presentación, transmitíndonos o gusto por este tipo de narracións.

Visita de María Menéndez-Ponte

Pupi é un extraterrestre moi aventureiro. Un día saiu do seu planeta Azulón e atopouse coa Terra, onde está tan ben que decidiu quedarse e aprender todo o que saben os nenos e nenas.

María Menéndez é a creadora desta personaxe, que tanto gusta ao noso alumnado do primeiro ciclo de primaria. Falounos de Pupi e os nenos e nenas puideron facerlle moitas preguntas sobre el e os seus amigos. Ao rematar, María ,moi amablemente. asinou os libros que trouxeron os nenos da colección, publicada por SM e protagonizada por Pupi.

 

Aproveitamos para que María fixera entrega a dúas alumnas de segundo dos premios ganados no concurso de banda deseñada: Xiana Bragraña e Sofía Sagüillo.

CONCURSO COMIC "Valores"

Xa coñecemos aos gañadores do concurso de Comic. Os traballos presentados acadaron moita calidade, valorouse tanto o deseño, os debuxos, o guión e sobre todo o axuste ao tema do certame "Os valores".

No primeiro ciclo os mellores traballos foron: "En Nadal Papá Noel" de Xiana Bragaña e "El coche" de Sofía Sagüillo.

"O cupcake vivente" de Matías Rodríguez Sánchez e "Mariola para compartir" de Eirena Souto Pazó foron os seleccionadoa como os mellores traballos de banda deseñada.

No terceiro ciclo foron catro os  premiados Daniel Souto Pazó con "Unha Banda (musical) en Banda", Angela Pérez Vieito con "Pepe busca casa", Laura Ardións con "Amigas" e Nerea Aniceto con "A amizade".

En breve todos os premiados recibiran o seu agasallo.

Parabens a todos eles!

Lecturas en Nadal

Como é habitual nestas datas, dende a biblioteca elaboramos unha guía de lecturas de Nadal con suxestións e  ideas  para os Reis Magos  e que así, entre os agasallos que deixarán dentro de poucos días aos nosos nenos e nenas, non falte un bo libro.

Obradoiro de Banda Deseñada con Abraham Carreiro

Dentro da programación de actividades en torno á Banda Deseñada, realizamos un obradoiro de Cómic. O ilustrador Abraham Carreiro foi o condutor desta experiencia.

Ao alumnado do primeiro e terceiro ciclo de primaria, Abraham deulles unhas nocións básicas sobre as características deste xénero narrativo: tipos viñetas e bocadiños, sobre como conseguir plasmar expresións nas personaxes, onomatopeias... Despois os nenos e nenas realizaron as súas propias creacións.

Cos rapaces do segundo ciclo Abraham realizou unha pequena animación. Os nenos tiveron que dar movemento a unha personaxe realizando  debuxos progresivos que eran fotografados e volcados nun programa informático. Tamén foron eles os que lle puxeron as voces e sons. O resultado foi moi simpático, a pesar do pouco tempo que tiveron para realizalo. Ver animación

 

Para rematar con estas actividades en torno á Banda deseñada, acabamos de convocar un concurso no que poden participar todos os nenos e nenas de primaria. As bases na seguinte ligazón.

Animádevos a participar! Tedes ata o 19 de decembro para a entrega dos vosos traballos.

Distribuir contido


by Dr. Radut