Skip to Content

Animación á lectura

VISITA DE PEDRO REY, COLECCIONISTA DA OBRA DE TINTÍN

Neste trimestre estamos traballando o cómic e tivemos a sorte de contar coa visita do maior coleccionista da obra de Tintín, Pedro Rey.

Contounos anécdotas e vivencias que xiran arredor desta aficción, ademáis de recomendarnos que vaiamos a ver a exposición sobre Tintín que está no Pazo de Fonseca, en Santiago.

Informounos que foi o primeiro en crear un blog sobre este personaxe e que, na actualidade, é unha referencia para todos os seguidores das aventuras de Tintín.

O club de Lectura

Comeza a andar o club de lectura deste curso. Os alumnos participantes son do terceiro ciclo, nenos e nenas aficionados á lectura e que queren compartir o lido cos seus compañeiros. A profe que coordina o club é María Montes.

O primeiro libro escollido foi "Os vellos non deben namorarse" de Castelao. Despois da lectura compartiron o que esta obra de teatro lles transmitiu e tamén recibiron a visita de Noemí Pazó, nai de alumnos do centro e profe de Literatura, que lles falou de Castelao e da gran importancia deste escritor dentro da literatura galega.

Un conto de medo polo Samaín

O alumnado de Educación Infantil acudiu o 30 de outubro á Biblioteca ao visionado dun conto de medo: A Bruxa Regañadentes de OQO Editora.

 

Posteriormente, a profe Susana abriu a MALETA DOS LIBROS e contou o conto de: A FIGUEIRA DE PELOSTORTOS.

Cine de Medo no Samaín

Como xa ven sendo tradición no colexio, a semana do Samaín celebramos un ciclo de películas de medo. Proxectaranse no recreo do comedor dúas arrepiantes historias: Frankenweenie de Tim Burton e El alucinante mundo de Norman.

O libro da semana

Cada semana os nenos e nenas de Infantil e primeiro ciclo de Primaria van á biblioteca con moita ilusión para descubrir cal é o libro que lles agarda na "maleta dos libros". Unha narración moi especial que espertara a súa imaxinación e lles trasladara a mundos fantásticos.

O conto desta semana foi "O Grufalo" , a historia dun ratiño moi listo,  escrita por Julia Donaldson (vídeo do conto).

Lecturas para o verán

Dende a biblioteca recomendamos lecturas para o verán relacionadas co Proxecto de investigación que realizaremos o próximo curso no centro en torno ao tema de "Outros países, outras culturas".

Aproveitade as vacacións para disfrutar coa lectura e viaxar dende as páxinas dun libro!

Descargar a guía

Falando de Roberto Vidal Bolaño na radio

Alumnos e alumnas de cuarto e de sexto do noso centro serán os protagonistas dun programa de radio que se emitirá o día das Letras Galegas, 17 de maio, sobre a figura de Roberto Vidal Bolaño.

Os alumnos de cuarto participaron na creación dun vídeo no que se fai un percorrido pola vida e obra deste gran dramaturgo e que podedes ver dende a seguinte ligazón (ver vídeo). No programa radiofónico presentan o traballo biográfico que fixeron para a realización deste biodocumental. 

O Touporroutou da lúa e do sol

Unha das obras de teatro infantil máis divertidas de Roberto Vidal Bolaño é O Touporroutou da lúa e do sol, " unha farsada choqueira para actores e bonecos" , como el a denominaba, que representaron os nosos alumnos.

Alumnos de terceiro fixeron unha versión na que combinan teatro de sombras con personaxes reais. Outro grupo de nenos e nenas de sexto fixeron unha representación na que eles mesmos caracterizaban aos personaxes desta comedia.

Rubén Ruibal

sentímolo, flash non está dispoñible.

Rubén Ruibal

 

Hoxe tivemos a sorte de contar coa presenza entre nós de Ruben Ruibal.

Distribuir contido


by Dr. Radut