Hoxe tivemos a sorte de contar coa presenza entre nós de Ruben Ruibal.
Ruben é un dos autores teatrais galegos de maior recoñecemento a nivel nacional. Coñeceu persoalmente a Roberto Vidal Bolaño e traballou xunto a el durante dez anos na compañía Teatro do Aquí. Roberto foi un dos autores que máis influíu na súa obra. No ano 2000, Rubén crea a compañia Teatro Cachuzo, que levou ás táboas as súas primeiras obras: Fume e Nunca durmo. Outras das súas obras foron Traffic: arroz mubi e Triunfadores!
En 2007 ganou o Premio Nacional de Literatura de España coa obra Limpeza de sangue, dous anos despois de ser galardonada co Premio Alvaro Cunqueiro de Textos Teatrais, tamén recibiu o premio María Casares ao mellor texto orixinal en 2011.
Actualmente é coordinador da aula de Tearo e Danza da Universidade da Coruña.
No ano que conmemoramos a figura de Roberto Vidal Bolaño, Rubén veu falarnos deste dramaturgo, o que máis importancia tivo na valoración do teatro profesional galego de todos os tempos.
Agradecemos a Rubén a súa xenerosidade ao compartir con nós o seu tempo e facernos partícipes dalgunhas das súas
experiencias e vivencias xunto a RVB. (ver vídeo)