Skip to Content

VISITA DE PEDRO REY, COLECCIONISTA DA OBRA DE TINTÍN

Neste trimestre estamos traballando o cómic e tivemos a sorte de contar coa visita do maior coleccionista da obra de Tintín, Pedro Rey.

Contounos anécdotas e vivencias que xiran arredor desta aficción, ademáis de recomendarnos que vaiamos a ver a exposición sobre Tintín que está no Pazo de Fonseca, en Santiago.

Informounos que foi o primeiro en crear un blog sobre este personaxe e que, na actualidade, é unha referencia para todos os seguidores das aventuras de Tintín.

Finalmente, chegou o turno das preguntas, respondendo a todas aquelas curiosidades que espertou nos cativos.

Moitas grazas, Pedro, por transmitirlle ao noso alumnado a túa paixón polo mundo do cómic.

Ligazón á entrada no blog de Pedro



page | by Dr. Radut