Skip to Content

Animación á lectura

Ciclo de cine "Coeducación"

Dentro das actividades desenvolvidas en torno á conmemoración do día da muller traballadora, estase realizando un ciclo de cine sobre a igualdade de xénero, a través de dúas películas queremos promover valores e actitudes de respecto e igualdade entre nenos e nenas. Os pases teñen lugar na biblioteca do centro, no recreo do comedor.


Un libro, o mellor agasallo!

Na biblioteca acabamos de elaborar unha guía de suxestións "LECTURAS DE NADAL" que pretende promover  que nestas datas se agasalle aos nenos e nenas con libros.

É un momento especial que podemos aproveitar para fomentar  nos pequenos o gusto pola lectura. A guía está estructurada por idades e amosa títulos interesantes. A guía foi repartida entre as familias e tamén podedes descargala dende aquí.

A GRATA VISITA DO CONTADOR DE CONTOS, INACIO VILARIÑO

Hoxe, 29 e mañá 30 de outubro contamos co inxenioso contacontos  Inacio. Sorprendeunos cunha morea de historias, dándolle un protagonismo especial a un animal que aínda que din chamarlle burro, despois de escoitar a este artista chegamos á conclusión que de burro non ten nada. Fíxonos rir, participar e ata asustar; en fin, de todo un pouco.

Finalmente asinou tres dos seus libros cunha dedicatoria en cada un deles. O máis coñecido para os rapaces, Fábula Galénica, traballado nas titorías e do que Inacio representou unha parte na que tod@s os nen@s participaron moi entusiasmados.

SAMAÍN: CINE DE MEDO

Este curso continuamos cos ciclos de cine no recreo do comedor. Xa vai sendo un clásico para nós o ciclo de películas de medo en torno ás datas do Samaín.

Nesta ocasión veremos Monster House o día 25 e 26 de outubro, Bitelchus de Tim Burton os días 29 e 30  e Shrek Terrorífico o mércores 31.

Agardámosvos na biblioteca!!

O JAZZ DOS SOÑOS

Carmela Vieites, alumna de sexto de primaria, ganou o primeiro premio do IX Certame literario de Ames deste ano co seu conto "O Jazz dos soños". pedimoslle que nos presentara o seu traballo  na biblioteca e xunto co seu amigo Pablo fixéronnos unha lectura dramatizada. Como a súa titora dicia -"Seguro que Carmela será unha gran escritora!"

 


23 de abril, Día do Libro

 

Esta semana para conmemorar

o día do libro, teremos todos os

días Contacontos na hora do recreo.

Os narradores serán profes do cole

que nos farán disfrutar da literatura

coas súas narracións.

 

MULLERES DE CINE!

Seguindo cos ciclos temáticos de cine na biblioteca, a próxima semana conmemoraremos o Día da Muller Traballadora, 8 de marzo, adicando un ciclo de cine ás mulleres: Mulleres de Cine!

 

A través de películas con protagonistas femininas queremos saíntar o papel das mulleres e das nenas na nosa sociedade.

14 febreiro, día do Amor e da Amizade

Os nosos rapaces e rapazas escribiron un feixe de cartas aos seus amigos e tamén aos "maís que amigos". Tivemos unha carteira moi especial que foi a encargada de facer o reparto. Algúns nenos, nenas e tamén algúns profes quedaron ben sorprendidos ao recibir estas agarimosas mensaxes.

Grazas Vanesa pola túa axuda!

Ver máis fotos

Corazón repartindo as cartas

CARTAS DE AMOR E AMIZADE

Quen non ten no cole un amigo ou amiga especial a quen lle gustaría adicar unhas palabras fermosas?

Por que non decirlle a esa persoa porque é tan importante para ti?

Podes escribir unha carta dirixida a un neno ou nena do cole e falarlle dos teus sentimentos cara ela. As cartas serán anónimas e nós llas faremos chegar aos seus destinatarios o día 14 de febreiro. Anímate e abre o teu corazón, seguro que ao teu amigo ou amiga lle encanta recibir a túa carta!

Distribuir contido


by Dr. Radut