Skip to Content

4º Curso

CHARLA DE DANIEL MOLINOS

 

 

Hoxe veu o pai de Sara Molinos, unha alumna de 3º curso,  a falarnos sobre o mar e dos seres vivos que habitan nel.

Contounos moitas cousas:

1. Que a cor do mar depende do ceo e dos animais microscópicos que abundan nesa zona.

2. Información sobre  distintos tipos de peixes : lamprea, rape, peixe porco, congrios, peixe voador, peixe de San Pedro...

3. Os mamíferos mariños e a súa alimentación: os golfiños aliméntanse de peixes, as baleas de krill, os cachalotes de calamares xigantes...

4. Moluscos: caramuxos, ameixa, berberechos... e equinodermos: estrelas, ourizos e pepinos de mar.

Por último, vimos algúns documentais. O que máis nos chamou a atención foi o das lampreas. Sabíades que as femias  poden chegar a pór 250.000 ovos?

Gustounos moito a charla e esperamos que veña máis veces a falarnos sobre o mar.

Sofía e Alexandra, 4ºC

O MUNDO DOS PEIXES.

 

Hoxe veu o pai dunha nena do colexio a falarnos sobre o mar. É un mundo onde hai miles e miles de peixes, morsas, baleas e moitos máis animais.

Despois vimos moitas máis cousas interesantes.

O que máis me gustou foi cando vin a balea que tiña os dentes enormes. A maioría dos peixes eran enanos.

Raúl Serrano.


EXCURSIÓN Á VILA DE NOIA: MUSEO DO MAR DE NOIA, STA. MARÍA, PRAIA DE TESTAL.

 

 

 

Lembrádesvos da excursión a Noia? O profe Gabriel recopilou todo o que fixemos e o que nos contaron. Lédea a ver se esqueceu de algo, logo víndenolo contar para que o escribamos.

 

O  catro de decembro fomos á vila de Noia de excursión. Primeiro fomos ver a casa do museo do mar de Noia. Estivemos falando cun capitán da mariña mercante que se chama Félix ( Fiz dise en galego). El era o encargado do museo. Félix, durante varios anos traballou para unha casa de conxelados en Namibia, na cidade de Loderitz, como encargado da fábrica de conxelados nese país africano.

Como el di: A mar é coma a miña casa ( ás veces perigosa casa, non si? ). Borja preguntoulle como se adicou a esa profesión de capitán . Contestoulle que case, case... por obligación porque, xa o seu avó era mariño e propietario dun barco balandro. Incluso, todos os irmáns e mais el tiñan traballos relacionados coas actividades mariñas.

Félix aínda conserva no museo os papeis de propiedade do barco do seu avó, firmado polo mesmo rei de España, Alfonso XIII, no ano 1919.

O museo foi unha idea dun grupo de persoas de mar , que estando xubilados, decidiron facer unha exposición permanente coas donacións de moitas persoas, que amablemente foron regalando sen cobrar un só euro.

Félix contóunos que o museo estaba pensado coma se fose a cuberta dun barco: na proa había un mascarón precioso. Tamén se atopaba a Relinga, a Foque e a Cangrexa dun barco de vela. Na Popa, estaba o taller dunha carpintería de ribeira e ao seu carón, hacia estribor, diferentes restos de animais e unha pequena colección de caracolas mariñas.

Aquí vimos como era o esqueleto dunha balea e restos das barbas para filtrar o kril, especie de camarón, que hai millóns sobre todos nos mares do Sul. O curioso é que con estas barbas facíanse os peites para os cabelos, as baleas para os paraugas, ou para abombar os vestidos femininos de moda no século XVII e XVIII.

Félix navegou polo mares do sul, nas augas arxentinas da península de Valdés, preto da Antártida. Tamén vimos unha mandíbula de balea , que facía de porta en Caneliñas de Corcubión, na zona de despiece de cetáceos que funcionou en Galicia ata a súa prohibición de cazalas. Vimos a lanza dun peixe espada, un Marlín, a perigosa dentadura dun tiburón cuxos dentes médranlle nos labios e non na mandíbula coma as persoas. Félix dixo que o tiburón en liberdade non era tan perigoso como aparecía nas películas americanas.

No medio de babor atopábase diferentes embarcacións utilizadas en Noia e outras máis grandes e antigas, coma o Balandro, Bergantín, Goleta, etc. Na proa, pero hacia estribor, atopábase a cama dun camorote antigo donde durmían os mariñeiros.

Félix díxonos que Noia chegou a ter o maior número de embarcacións menores matriculadas de toda España. Noia gozou dunha tradición mariñeira moi importante porque moitísima xente vivía do mar. No só destaca o mar e as actividades adicadas ao mar. Tamén están as súas xentes, como Xosé Rodríguez Fernández, en 1944 inventou un motor que foi moi importante en toda España, utilizado en moitísimos barcos... naqueles anos de posguerra e autarquismo.

Pois ben, Xosé Rodríguez, unha persoa que non tiña formación en ningunha escola mecánica, nen de enxeñería insdustrial, conseguiu inventar un motor cunha potencia de 24 cabalos. Importantísimo para a navegación en España e incluso chegouse a usar para as máquinas malladoras do trigo e de centeo. A este motor chamoulle MOTORES AYÓN.

Fabricou máis de 2000 motores que exportou a todo o mundo. Este motor tiña a curiosidade de iniciar a combustión cunha mecha, en vez de buxías, e de xeito manual; facían xirar a man unha manivela xirando unha roda para facer funcionar a máquina. Pero tiña un problema: que era moi pesada, máis de mil quilogramos , e como dixen antes, tan só tiña 24 cabalos de potencia ( moitos coches teñen 120 c.v. de potencia en menos de 100 quilos de peso.)

Os barcos clasifícanse polo tipos velas que utiliza. Os barcos que máis se utilizaron en Noia foron aqueles que tiñan pouco calado ou profundidade como os San Cosmeiros ou Paile Bots, porque a ría de Noia ten pouca profundidade e é de difícil manexo.

Ás donacións pónselles unha etiqueta escrita en tres linguas: galego, castelá e alemán. Esta última porque hai moito turismo alemán que están visitando Noia, sobre todo polas laudas medievais atopadas na vila e que teñen fama mundial.

Félix ensinounos varias donacións coma unha bóla dun cañón en Escocia, unha ánfora atopada nun galeón portugués en Canadá a 2700 metros de profundidade.

Moitas donacións diferentes, como fotos antigas: mariscadoras traballando no areal da praia, outra foto na que aparece o escritor Antón Avilés de Taramancos, coñecido escritor galego ao que se lle adicou o Día das Letras Galegas e unha carpintería de ribeira coas súas ferramentas para traballar na construcción de barcos.

Había unhas ferramentas curiosas para traballar no marisqueo da praia: os Cans, Raños ou Rastros: ferramentas de marisqueo tremendamente dañinos para o marisqueo. Son coma enormes dentes metálicos nos que son turrados por unha lancha e con rede, que fai moitísimo dano aos berberechos e as ameixas. Penetran no areal destruindo a maior parte da cría, facendo imposible a súa rexeneración. Están prohibidos e penados con anos de cárcere para quen practique esta arte de marisqueo.


 

 

 

 

Unha semana de vacacións en Alicante. Sonia

Eu pasei unha semana de vacacións en Alicante,cos meus avós,os meus pais,o meu irmá e uns amigos dos meus avós.Paseino moi ben porque todos os días iamos a praia,xa que a auga da praia estaba moitísimo máis quente que aquí en Galicia.Tamén un día fomos a Guadales,é como unha aldea na montaña onde hai moitas excursións e ademais habia un embalse de auga azul verdoso.Tamén fun a Benidor onde habia un paseo cheo de tendas.

Entroido 4º de Primaria

sentímolo, flash non está dispoñible.

Os sentidos

Nova actividade multimedia interactiva creada con Ardora para estudar e traballar sobre OS SENTIDOS

Preme na imaxe para acceder ao recurso.

Tema 3: Rochas e minerais

Preme na imaxe para acceder ao recurso mutimedia sobre o tema 3 de coñecemento do medio.

Tema 2: O relevo e a paisaxe

Preme na imaxe para acceder ao recurso mutimedia sobre o tema 2 de coñecemento do medio.

Moi importante: para traballar cos recursos de Coñecemento do Medio, feitos con Ardora debe ter instalado no seu ordenador a máquina virtual de Java. É gratuíta e hai versións para windows, linux,...

Tema 1 de coñecemento: o clima

Preme na imaxe para acceder as actividades interactivas sobre o tema 1: o clima

Reunión inicial coas fanilias do 2º Ciclo de Primaria

As titorías de 2º ciclo de primaria, 3º e 4º curso, convocan as familias á reunión inicial do curso 2011/12, para tratar de todo o relativo a escolarización deste alumnado.

As reunión desenvolveranse de 16:30h á 17:30h nas titorías situadas na primeira planta do edificio.

Contamos coa súa presenza.

Os titoras/es e profesorado correspondente.

Distribuir contido


by Dr. Radut