Skip to Content

4º Curso

Sesión de contacontos con Raquel Queizás

 

Raquel Queizás, actriz e contacontos, veu á nosa escola coa súa mapaleta ( mapa+ maleta ), da que sacou dúas lendas, unha de China e outra de Perú.

A que máis nos gustou foi a de Perú. Esta lenda explica por que os coellos teñen as orellas grandes.

Raquel pediu a participación do público e saíron Carlos e Benedicta. Carlos fixo de gorila e Benedicta de serpe.

Gustounos moito esta sorpresa, agasallo da editorial Edelvives.

 

Ana, Irene, Natalia e Jessica

Cos nosos afillados e afilladas de lectura

 

Nós, os de 4ºB, somos padriños e madriñas de lectura dos nenos/as de 1ºA.

Todos os luns imos lerlles uns cantos libriños apropiados para a súa idade, eles escollen os libros que mais lles gusten e nós lémosllos. Se son un pouco complicados, ou non están todavía ao seu alcance, axudámoslles a elixir, aínda que se elixen un Mortadelo non llelo negaríamos, e vós?

É unha actividade a mar de molona e divertida, oxalá fose todos os días.

Sofía Álvarez

Visita á exposición Tradición, cambio e innovación e teatro no Principal

O 9 de decembro, o alumnado de 4º de Primaria, fomos a Santiago visitar a exposición Tradición, cambio e innovación no Centro Abanca Obra Social. Tamén vimos unha obra de teatro titulada As laranxas máis laranxas de todas as laranxas, de Carlos Casares, no Teatro Principal.

Na exposición tivemos un guía, que através dun xogo nos foi explicando cadros de distintos artistas : Picasso, Dalí, Lugrís , Miró, Laxeiro e Leopoldo Nóvoa.

Despois participamos nun obradoiro no que fixemos unha escultura cun espazo no seu interior, inspirándonos nunha obra de Jorge Oteiza que viramos na exposición.

Ao rematar a actividade de escultura fomos ao teatro. A obra que vimos , tal como a definiu o propio autor,  é un disparate continuo de movemento e fantasía , que nos fixo pasar un momento moi divertido.

Natalia, Alejandra e Adela

Novas reunións de titorías

Luns 22 de setembro ás 16:45h:

  • 5º e 6º de infantil. No ximnasio do centro

Martes 23 de setembro ás 16:45:

  • 3º de Primaria na biblioteca
  • 4º de Primaria, cada curso na súa titoría.

Luns, 29 de setembro ás 16:45 h.

  • 5º e 6º de Primaria, cada curso na súa titoría

Nelas os titores/as comentaras as novas deste curso escolar, normas e organización escolar.

SAÍDA, FIN DE CURSO, DO ALUMNADO DE 4º DE PRIMARIA

O pasado xoves, 5 de xuño, o alumnado de 4º saímos a visitar Lira e o Ézaro. A saída tivo lugar ás 10:00 h.

Cando chegamos dividímonos en 3 grupos e a nós tocounos, primeiro, con Reme, unha mariscadora de Lira. Comentounos como era antes o porto. Despois tivemos a sorte de visitar o museo da cofradía de Lira e tamén a lonxa.

Despois fomos con Lara a facer Ciencias mariñas: mesturamos auga doce e salgada, explicounos o porqué da forma das cunchas, outros experimentos sobre o clima e a presión atmosférica e, por último, outro moi interesante para entender a diferencia de temperatura entre o Ecuador e os Polos. Logo ensinounos un miniacuario onde había variedade de especies mariñas.

Fixemos unha pausa para merendar e, a continuación, tocounos con Rita con quen puidemos disfrutar co xogo Tragapeixes.

Para chegar ao parque onde iamos a comer, fixemos unha ruta coas monitoras xogando a buscar o Tesouro dos Miñarzos. Había que seguir as indicacións das pistas que aparecían en distintos sitios e así, pouco a pouco, conseguimos atopalo: ¡Un cofre cheo de pegatinas!

Comemos e marchamos para o Ézaro. Alí visitamos o museo da Electricidade, onde disfrutamos dun video e cubrimos un cuestionario que nos prepararon os profes. Ata tivemos sorte que á saída o encargado do museo agasallounos cun chupa.

Por último contemplamos a fermosísima cascada do Ézaro e chegamos de volta ás 19:15 h.

Pasámolo moi ben. ¡Un estupendo fin de curso!

O alumnado de 4º

Día da árbore - Plantación no Pedroso

Con motivo do Día da Árbore e invitados polos AXENTES FORESTAIS do Distrito 3 (ORDES), o alumnado de 4º de primaria desprazouse ata o monte Pedroso de Santiago para facer un plantación de castiñeiros e realizar distintas actividades na natureza.

Acompañados polos titores/as e dirixidos por persoal técnico do Distrito 3 fixemos a plantación. Logo repartimonos en dous grupos, "noces" e "castañas". Adentrámonos nun bosque de acacias, especie invasiva, que ameaza con extendense por todo o Pedroso, sendo necesario o seu control.
Despois chegamos a un souto de castiñeiros e carballos no que descubrimos a importacia das árbores autóctonas. Ali atopamos un carrabouxo co seu verme incluido. Tamén vimos rastros de xabaríns e mesmo a árbore na que se rascaban.

Fixemos tamén un xogo de búsquedas por equipos.

Entroido 2014

sentímolo, flash non está dispoñible.

Entroido 2014 - 4º Primaria

sentímolo, flash non está dispoñible.

O invernadoiro está a rebosar !! Ángela Pérez e Uxía Trenco.

 

 

O  4 de xuño fomos ao invernadoiro recoller as patacas, para iso seguimos un proceso:

1. Precisamos un sacho e un caldeiro. 

2. Intentamos chantar o sacho de forma que entre ben no fondo e que a pataca saia en bo estado. Para isto hai que ter moito cuidado de non rompela.

3.Unha vez arrincadas hai que gardalas nun lugar onde non lle dea a luz, para que non se estraguen. 

Tamén vimos as hortalizas que sementaron os dos outros cursos e que xa están listas para recoller: acelgas, cabaciños, cebolas, amorodos...

ESPERAMOS QUE ESTEAN BOAS!!!!!!!!!

 

See you later Amanda.

 

Amanda Jobe, a auxiliar de conversa que estivo este ano no noso Centro,  despídese de nós. Pero non é un adeus definitivo senón un ata o curso que vén, xa que Amanda decidiu prorrogar o seu contrato de auxiliar un ano máis no noso colexio.

Profesorado e alumnado que tivemos o pracer de traballar con ela dámoslle as grazas polo seu entusiasmo, polas ideas que nos aportou e pola súa axuda inestimable na aula.

We´ll miss you!!


Distribuir contido


by Dr. Radut