Skip to Content

4º Curso

Video e música de Umpa Lumpas

Xuntamos arquivo de son e ligazón a video coa coreografía para os UmpaLumpas

Video

Son

 

Pantalón UMPA LUMPA

Xuntamos o manuel para a elaboración do pantalón de UMPA LUMA. Premer na imaxe ou no arquivo adxunto para ver o documento.

 

TERCEIRO E CUARTO NO CINE

O venres 1 de decembro o alumnado de terceiro e cuato de primaria fomos o cine As Cancelas a ver a pelicula de Coco.

cando baixamos do bus compramos as entradas e fomos a sala seis senteime na butaca 31 na fila de arriba de todo.Desde ali viase moben a pelicula

Ia du neno chamado Migel que queria ser musico pero a sua familia non o deixaba porque o seu tatarabo deixou a sua familia e Ernesto de la Cruz envenenou para quedarse coa fama das suas composicions xa que o tatarabo de Migel era compositor.

A min a pelicula encantoume porque Miguel era m,oi simpatico cando tocou no escenario coa guitarra no pais dos mortos.

DESCUBRIMOS CIENCIAS EN TERCEIRO E CUARTO

O pasado luns,16 de outubro, viñeron ao C.E.I.P. de Pedrouzos, uns estudantes da facultade de quimica e farmacia para elaborar uns experimentos ao alumnado de terceiro e cuarto.

Fixeron catro experimentos: neve artificiál, serpe de carbón, xelatina de cocacola e cromatografía.

O primeiro experimento, que elaborou o meu grupo, foi o da neve artificiál que consiste en mezclar poliacrilato de sodio con auga incha, incha, incha atacomerterse nuns polbos parecidos aneve.

O segundo experimento que fixemos, foi unha serpe de carbón que consiste en poñer unha base de area cun pouco de alcol e botarlle azucre e bicarbonato, prendelo e asi o gas que desprende queima a mextura o convertea nunha serpe de cinzas.

O terceiro experimento que elaboramos foia xelatina de cocacola. denFaise mexturando: cocacola, sal de calcio, auga e outro ingredente parecido a fariña e botando un pouco de cocacola co ingredente mixterioso,cunha pipeta,na mextura de auga con sal. Asi quedan unhas boliñas de xelatina que ao estoupalas dentro hai cocacola liquida.

O cuarto e último experimento foi a cromatografía que tivo duas partes.

A primeira parte foi, nun filtro de café, poñer unha linea a un centímetro dun dos extremos e pintar varios puntos sobre liña: vermello, marrón, azul, verde, amarelo

De camiñata polo concello de Brión

 

Que mellor maneira de coñecer a contorna do noso colexio que facer unha ruta a pé! Iso pensaron os profesores de Educación física, que nos levaron a facer unha camiñata de 7km con saída na igrexa de Viceso, para continuar logo polos pobos de Esparís, Vilar, Vioxo de Abaixo, Mato e rematar na escola da Luaña, onde saiu a profe a saudar a algún dos que foron alumnos seus cando ían en Infantil.

Neste percorrido atravesamos bosques frondosos de carballos e vimos exemplos de arquitectura popular como igrexas, fontes e cruceiros.

Proxecto inspirado na obra do artista canadense Ted Harrison

Stefanie Coutu, a nosa auxiliar de conversa,  descubriunos ao artista canadense Ted Harrison, sobre o  que fixemos un proxecto inspirándonos na súa obra Nothwest territories And Nunavut.

A temática da obra de Ted Harrison xira en torno ás xentes e ás paisaxes do  Yukón, rexión do extremo noroeste de Canadá.

 

The Blue Hen

 

Influenciados por Franz Marc, polo seu estilo e uso das cores, atrevémonos a facer a nosa versión da Galiña Azul de Carlos Casares.

Franz Marc: The Painter of Animals

 En Plástica estivemos traballando a obra do pintor expresionista alemán Franz Marc, que se fixo famoso polos seus cadros de cabalos azuis, vacas amarelas e gatos vermellos.

 

 
   

.

Excursión de fin de curso a Marín

 

O 1 de xuño fomos de excursión a Marín. Primeiro  estivemos no Centro de Interpretación dos petróglifos de Mogor, onde  nos  explicaron que un petróglifo é un gravado feito nas rochas, ao aire libre, que se fixeron na Idade do Bronce e que representan distintas figuras; un dos que mellor se vía  tiña forma de labirinto.

Despois fomos á praia, fixemos castelos e bailamos mentres esperabamos por parte do grupo que aínda estaba vendo os petróglifos. A continuación fomos ao Parque dos Sentidos. Había moitos tobogáns, un deles era moi grande e con curvas, e tamén vimos  moitos instrumentos musicais  xigantes. Mentres estabamos comendo no parque sobrevoáronnos  varios cazas porque viñera o rei Felipe VI para celebrar o 3º centenario da Escola Naval Militar.

 Por último fomos ao Ecoparque Multiaventura, primeiro os monitores ensináronnos a poñer os mosquetóns e o búho ( unha polea para enganchar nas tirolinas ) e logo xa puidemos ir aos circuitos arbóreos. Algúns de nós subimos  ata o nivel 2 e tivemos que axudar a algúns compañeiros a subir á plataforma da 1ª tirolina do nivel 2.  Pasámolo moi ben tirándonos polas tirolinas.

 Cando rematamos,  os profes deixáronnos comprar un xeado e tomar a merenda antes de volver para ao colexio.

Gustounos moitísimo esta excursión!!

 Daniela, Antón, Diego, Kim e Lorena

 

 

   
   
       
Premer aquí para ver máis fotos      

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Encontro na biblioteca con Haakon Casares, fillo maior de Carlos Casares

 

Hoxe, día 23 de maio, visitounos Hakon, o fillo de Carlos Casares. Falounos sobre o seu pai, de como pasou a infancia en Xinzo de Limia, cos seus pais e co seu irmán, de como despois de volver do seminario (un colexio que non lle gustaba),uns dias máis tarde,  foi á biblioteca de Xinzo de Limia onde comezou a sua pasión pola literatura,e iso levoulle a escribir libros.

O primeiro libro que escribiu foi Vento Ferido, que é un libro para maiores,  e como non habia libros en galego para nenos decidiu escribir A Galiña Azul, Toribio, Lolo anda en bicicleta…

Tamén nos contou que unha vez o seu pai lle  pediu opinión sobre un dos libros que estaba escribindo,  e por iso é o libro do seu pai  do que máis orgulloso está.

Por último,  fixémolle varias preguntas,  como por exemplo  se o seu pai  era moi traste de pequeno ( algo traste-dixo )  e cal foi a súa maior trasnada... Logo démoslle un agasallo e despedímolo cun forte aplauso.

Foi xenial porque aprendemos cousas sobre Carlos Casares que non aparecen nos libros e porque o seu fillo era encantador e explicaba moi ben.

 

Ángela e Carlota

 

Distribuir contido


by Dr. Radut