Skip to Content

Excursión de fin de curso a Marín

 

O 1 de xuño fomos de excursión a Marín. Primeiro  estivemos no Centro de Interpretación dos petróglifos de Mogor, onde  nos  explicaron que un petróglifo é un gravado feito nas rochas, ao aire libre, que se fixeron na Idade do Bronce e que representan distintas figuras; un dos que mellor se vía  tiña forma de labirinto.

Despois fomos á praia, fixemos castelos e bailamos mentres esperabamos por parte do grupo que aínda estaba vendo os petróglifos. A continuación fomos ao Parque dos Sentidos. Había moitos tobogáns, un deles era moi grande e con curvas, e tamén vimos  moitos instrumentos musicais  xigantes. Mentres estabamos comendo no parque sobrevoáronnos  varios cazas porque viñera o rei Felipe VI para celebrar o 3º centenario da Escola Naval Militar.

 Por último fomos ao Ecoparque Multiaventura, primeiro os monitores ensináronnos a poñer os mosquetóns e o búho ( unha polea para enganchar nas tirolinas ) e logo xa puidemos ir aos circuitos arbóreos. Algúns de nós subimos  ata o nivel 2 e tivemos que axudar a algúns compañeiros a subir á plataforma da 1ª tirolina do nivel 2.  Pasámolo moi ben tirándonos polas tirolinas.

 Cando rematamos,  os profes deixáronnos comprar un xeado e tomar a merenda antes de volver para ao colexio.

Gustounos moitísimo esta excursión!!

 Daniela, Antón, Diego, Kim e Lorena

 

 

   
   
       
Premer aquí para ver máis fotos      

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 



story | by Dr. Radut