Skip to Content

Encontro na biblioteca con Haakon Casares, fillo maior de Carlos Casares

 

Hoxe, día 23 de maio, visitounos Hakon, o fillo de Carlos Casares. Falounos sobre o seu pai, de como pasou a infancia en Xinzo de Limia, cos seus pais e co seu irmán, de como despois de volver do seminario (un colexio que non lle gustaba),uns dias máis tarde,  foi á biblioteca de Xinzo de Limia onde comezou a sua pasión pola literatura,e iso levoulle a escribir libros.

O primeiro libro que escribiu foi Vento Ferido, que é un libro para maiores,  e como non habia libros en galego para nenos decidiu escribir A Galiña Azul, Toribio, Lolo anda en bicicleta…

Tamén nos contou que unha vez o seu pai lle  pediu opinión sobre un dos libros que estaba escribindo,  e por iso é o libro do seu pai  do que máis orgulloso está.

Por último,  fixémolle varias preguntas,  como por exemplo  se o seu pai  era moi traste de pequeno ( algo traste-dixo )  e cal foi a súa maior trasnada... Logo démoslle un agasallo e despedímolo cun forte aplauso.

Foi xenial porque aprendemos cousas sobre Carlos Casares que non aparecen nos libros e porque o seu fillo era encantador e explicaba moi ben.

 

Ángela e Carlota

 



story | by Dr. Radut