Skip to Content

4º Curso

Pop Art Pantalla Masks

Mesturamos a arte Pop de Andy Warhol coas Pantallas e isto foi o que saiu:

 

Probando un traxe de pantalla

   

 

O martes desta semana veu Guillermo, pai dun neno que estudou no noso colexio e que agora está no instituto, cun traxe de pantalla que fora do seu fillo,  para que todos viramos como é o protagonista do entroido limiao.

Guillermo explicounos as partes das que consta o traxe  e cómo se fan. Sabiades que a máscara  pode levar un mes facela? Pois si, xa que  é un traballo totalmente artesán.

Todos os nenos e nenas de 4º  puideron pór o traxe de pantalla para saber o que se sente. E agora xa so nos queda facer nós o noso, iso si, con materiais máis modestos, para disfrutar do festival de entroido, que este ano está adicado aos distintos personaxes do entroido tradicional galego.

Visita á planta de Clesa

   

 

 

 

Os cursos de 4º de Primaria fixemos unha visita á planta de Clesa en Caldas de Reis.

Carlos e Quique, ilustrador e escritor, foron os nosos guías.Primeiro ensináronnos o almacén no que se gardan os envases e cartóns de leite e tamén cinco tanques de leite, e un xigante de azucre que se esgotaba nunha semana!

 
   

 

Logo entramos nunha sala dende a que se vía todo o proceso de embalaxe dos iogures. Despois faláronos sobre Clesa e dixéronnos a ventaxa de traballar con vacas galegas, xa que producen o mellor leite.

Mentres faciamos preguntas sobre a fábrica, o ilustrador debuxounos unha vaca chamada Chenoa e un camión cisterna.A continuación ensinounos a todos como debuxar unha vaca de maneira fácil e que quede fenomenal.

Para rematar déronnos unha merenda, que consistía, como non, nuns iogures bebibles de chocolate. Tamén nos regalaron uns iogures para levar para casa e un libro sobre a historia de Clesa.

 

 Pablo e Álvaro

 

 

 

 

 

Cos nosos afillados e afilladas de lectura de 4ºA de Infantil

Hoxe foi o noso primeiro día de lectura cos nosos afillados e afilladas da clase de 4º A de Infantil. Estabamos moi emocionados por saber quen nos ía tocar, se nos ían atender cando lles leramos, se lles ía gustar o noso conto...

Ao final pasámolo fenomenal, incluso puidemos saír a ler ao patio porque fixo  moi bo día. Estamos desexando xa que veña o luns para volver a lerlles outro conto.

Charla de FADEMGA

 

 

Lolo e Manuel, da asociación FADEMGA, viñeron ao colexio a darnos unha charla. Explicáronnos que FADEMGA é unha asociación que axuda á xente con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento, para que poida ser máis autónoma, e ás súas familias.

Puxéronnos tamén un vídeo que se titulaba O Cazo de Lorenzo, que trataba dun neno que levaba un cazo atado á man e a xente o ignoraba porque arrastraba o cazo e facía un chirrido insoportable.

Lorenzo estaba tan triste que decidiu meterse dentro do cazo e alí seguiría se non fose por unha muller que un día levantou o cazo e encontrou a Lorenzo, entón púxose a xogar con el, e cando se fixeron amigos lle coseu un bolso para meter o cazo. E Lorenzo, aínda que seguise sendo o mesmo, agora toda a xente o quería.

 

Ángela e Sophia

 

 

 

FRIDA KAHLO INSPIRED PORTRAITS

     
     
   
   

 

Como celebramos o Magosto

 

Primeiro na aula fixemos os cucuruchos para as castañas e tamén, por primeira vez,  os de 4º axudamos a amosegar as castañas, para que non estouparan ao asalas.

Despois saimos ao patio e fixemos xogos mentres os profesores asaban as castañas. Había moitos xogos, pero o que máis lles gustou á maioría da clase foi o da rá.

 

 
   

  

Logo, por ciclos, puxémonos en filas para que nos deran as castañas asadas, acompañadas dun zume. Mentres comiamos as castañas , algúns profesores e rapaces puxéronse a tocar distintos instrumentos: gaitas, panderetas…. Tamén houbo un grupo de nenas e nenos que bailaron a muiñeira. Fixérono moi ben.

Cando rematou o baile e a música puxémonos en filas e volvemos para a clase.

 Foi un Magosto moi divertido !!

 

 Daniela e Aroa

 

Celebramos o Día do peón

O venres 11 de novembro todo o alumnado do colexio celebramos o Dia do peón.

 Primeiro fomos á biblioteca ver un vídeo de como se fan os trompos tradicionais e despois saímos ao patio. Aos de 4º tocounos no campo vermello, e alí xogamos a chepa, ao relevo, ao truco e por último tiramos o trompo todos xuntos para facer un vídeo.

 Pasámolo xenial !!

 Álex Blanco

Aprendemos a reciclar papel

Persoal de Adega veunos ensinar como reciclar papel.

 Necesitamos:

  • papel de periódico
  • un tamiz

  • un marco de madeira

  • unha batedora

  • auga

  • unha tina 

 Preparación:

Primeiro rasgamos o papel en tiras e logo en anacos máis pequenos. A continuación botámolo nunha tina con auga e batemos todo coa batedora ata facer unha pasta de papel espesa.

 

Despois colocamos  o marco no tamiz e metémolo na pasta de papel ata enchelo, logo

quitámoslle o marco e cunha baieta escorremos ben o exceso de auga.

 

 

 
   

 Finalmente démoslle a volta sobre uns papeis e deixámolo secar un par de días.

 

 

 

XA TEMOS PAPEL RECICLADO!

 

ÁLvaro Ferreiro

De vacacións

Neste poema ímosvos contar

as vacacións de verán do grupo de 4ºA.

 

Eu son Pablo

fun a Valencia á praia de Malvarrosa

e a auga estaba marabillosa.

O meu amigo Álvaro

foi a Holanda, visitou a Amanda

e comprou unha bufanda.

 

Chámome Ángela

fun a Portugal

e paseino xenial.

Estiven coa miña familia

nun hotel con piscina.

A miña amiga Carlota

tamén foi a Portugal,

concretamente a Lisboa ,

e alí atopou unha caracola.

 

Meu nome é Aroa

fun a Granada

e vin a Alhambra.

Na provincia do lado, Almería,

estivo Adrián no bar da súa tía.

Tamén estivo Martín en Almería

e atopu a auga moi fría.

Antón é outro compañeiro

que foi a Andalucía,

á vila de Puerto Real,

onde tivo unha visión paranormal.

 

Somos Daniel e Brais,

fomos ao parque acuático de Amarante

e tirámonos por un tobogán moi grande.

A nosa profe tamén foi a Amarante

e ese mesmo  tobogán pareceulle algo agobiante.

 

Chámome Carolina

fun cos meus avos á praia de Caolín, no Viceso

e a auga estaba moi cristalina.

A miña amiga Daniela

foi a Oropesa Do Mar

e subiu nun catamarán.

A nosa amiga Lorena

estivo na Pobra e viu un pulpo xigante

moi impresionante.

 

Eu son Laura

e fun a Valencia

onde á xente gústalle a ciencia.

A miña amiga Kimberlin

foi a Portugal

e non parou de camiñar.

 

Chámome Salvatore,

de Colombia acabo de chegar.

As miñas vacacións foron en Monte Balado,

onde nas pistas estiven todo o día a xogar.

O meu amigo Jose Manuel

este verán foi á comuñón da súa prima

no hotel Harmonía.

 

Eu son Diego,

fun ás illas Cíes

onde vin unha gaivota

que chocou cunha bota.

O meu amigo Lucas

navegou polos cañóns do Sil

e na auga viu unha lombriz.

 

O meu nome é Sophia

fun a Caldebarcos

e estiven na piscina.

O meu amigo Alex

foi a Oporto

e comprou unha camiseta do FC Porto.

 
   
     
       
       
       
Distribuir contido


by Dr. Radut