Skip to Content

Charla de Clodio González na biblioteca do colexio

Hoxe tivemos a sorte de contar no noso centro  co escritor e etnógrafo Clodio González Pérez, que nos veu falar da Festa dos Maios, tema no que el é un erudito.

Clodio fixo un percorrido polas distintas localidades onde se celebra esta festa de exaltación da primavera para mostrarnos os distintos tipos de maios, a súa orixe e como se elaboran.

 



story | by Dr. Radut