Skip to Content

UNHA XORNADA ESPECIAL CON LEDICIA COSTAS

Onte, 12 de abril, visitounos Ledicia Costas, a autora de Escarlatina, a cociñeira defunta.
Recibímola na biblioteca o profesorado e o alumnado de 4º de Primaria. Canto entrou, levouse unha grata sorpresa porque fixemos algunhas receitas das que había nos capítulos da novela e tamén polos impresionantes debuxos de Escarlatina, Román e Dodoto.
          
Unha das primeiras curiosidades que nos contou foi o motivo polo que Román meteu a Dodoto na lavadora: certo día, Ledicia estaba na súa casa e, de súpeto, escoitou uns ruidiños que parecían os choros dun bebé. Preguntoulle á súa avóa se escoitaba algo. Ela dicía que non pero Ledicia deuse conta que era o seu gato. A neta quitouno da lavadora sano e salvo pero morto de medo. Cando morreu o micho, a súa avóa dixo: "Non sei como puido morrer se o coidaba moi ben ... " .
Despois falounos do libro de Esmeraldina. A avóa de Esmeraldina tiña unha tatuaxe, no brazo, dunha mofeta porque lle gustaban os debuxos de Box Boni e esa mofeta tiña corazonciños arredor.
O final asinounos a novela e, de recordo, pediulle a Victor Rivas, o ilustrador, que lle fixera un debuxo de Escarlatina para imprimilo nun cuño e selar os nosos libros.
Levouse o molete de pan do noso compañeiro Xacobe e unha piruleta de chocolate das miñas.
Gustounos moitísimo coñecela e que nos visitaraaaa !!!
                                                                    
                                                                  Minia - 4ºB   
                 
 


page | by Dr. Radut