Skip to Content

DE VISITA POR NOIA

O luns, catorce de decembro, todo o alumnado de cuarto fomos a Noia, en autobús, coas profes: Belén, Mariló, Paz e Bea para visistar o museo do Mar e facer un obradoiro no supermercado Eroski. O martes irán os nosos compañeiros/as de terceiro cos seus profes: Gabriel, Benedicta, Mª José e Teresa.  (ver fotos)

 

Ao baixar do bus, tivemos que ir andando ao museo de Santa María, a Nova, que antes era unha igrexa. Primeiro, vimos as laudas gremiais e despois, un belén moi grande que tiña un río con peixes.


 Despois, saímos de alí e, camiñando, chegamos ao museo do Mar. Recibiunos Félix, o guía, e explicounos  cousas sobre o mar. Cando acabou, ensinounos o belén mariñeiro no que colaboraron moitas persoas. Estas navidades ese belén  está relacionado co río Tambre  e os seus afluentes. Tamén vimos os dentes dunha quenlla, unha piraña disecada e as barbas dunha balea.
Logo, fomos ao Eroski  cunha chica do supermercado  chamada Yolanda. Primeiro, recordounos como é unha dieta sana e despois fixemos grupos para facer unha compra equilibrada. Por último, deronnos un tetempé a base de froitas e logo  uns agasallos.
As 14:00 h. subimos ao autobús e voltamos ao cole.  
O que máis me gustou foi a visita  ao Eroski e facer a compra equilibrada.

Raquel(4ºB)



page | by Dr. Radut