Skip to Content

Entrevista a Belén Quintáns, a viúva de Roberto Vidal Bolaño. Sonia, Iván, Sofía, Sergio e Hugo. 4º C

O día 5 de abril visitounos a que foi a última muller de Roberto Vidal Bolaño, coa que tivo unha filla. Cando morreu Roberto, os seus fillos tiñan 18, 15 e 9 anos.

Á entrevista fomos cinco representantes de cada clase, do 2º e 3º ciclo.A entrevista fíxose na biblioteca do centro.

 

Primeiro preguntámoslle sobre a súa infancia. Contounos que a Roberto lle gustaba xogar ás mesmas cousas que aos rapaces de entón: ao fútbol, aos indios e vaqueiros, aos romanos e roubar froita aos veciños. Tamén xogaba a tirarse pedras cuns amigos nun descampado, dun lado ao outro da muralla.Cos seus amigos ía a casas abandonadas a exploralas.En canto ao deporte que practicaba, como era moi alto metérono nun equipo de baloncesto.

 

Sobre os seus gustos de maior, contounos que era moi bo comedor. Gustáballe ler,viaxar, ir ao cine, falar coa xente, ir ao teatro e ir de viños.Tivo cans de caza porque o seu pai era cazador.

 

Tivo moitos traballos: nunha tenda de recambios, noutra de electrodomésticos, nun banco... Ao mesmo tempo estudaba para poder entrar na Escola de Cine, pero pecharon a escola. Finalmente deixou o traballo no banco, aínda que fora arriscado, para adicarse só ao teatro.

 

Aos 14 anos escribiu a a súa primeira obra de teatro para representala no seu colexio de Pontevedra. O primeiro libro escribiuno aos 27 anos.

Os seus escritores favoritos eran : Ramón Otero Pedrayo, Álvaro Cunqueiro, Valle Inclán, Bertolt Brecht...

Primeiro interesouse polo mundo rural e as tradicións populares, logo interesouse polo mundo urbano. Inspirábase no que tiña ao seu redor. A obra Animaliños está inspirada na xente que vivía na súa urbanización, aquí en Brión.

 

Fixo unha obra en galego e pasouna a castelán para un concurso.

A obra de teatro da que estaba máis orgulloso era As actas Escuras. O personaxe máis difícil de interpretar foi o protagonista de Día sin gloria.

 

Escribía en calquera parte ( servilletas, manteis, posavasos... )

A súa obra teatral máis popular foi Sen ir máis lonxe. Interpretouna cento vinte e cinco veces. A súa vida de escritor era moi descontrolada porque cando tiña que acabar unha obra non comía, non durmía...

 

Cando morreu aos 52 anos tiña proxectos pendentes. A Roberto gustaríalle ter feito cine. Se soupera que lle ían adicar o Día das Letras Galegas non o crería porque normalmente adícase a escritores e poetas.

 

Por último, preguntámoslle porque levaba sempre sombreiro. Contestounos que era para acordarse dunha noiva que tivera, que morrera moi nova, porque lle dicía que estaba moi guapo con el.

 

 

 

 

 

 

 

 




story | by Dr. Radut