Skip to Content

Concurso sobre Roberto Vidal Bolaño

 

Para conmemorar a Semana das Letras Galegas, o alumnado de 4º de Primaria tivo unha actividade moi especial organizada por Noemí Pazó, a nai de Daniel, que contou coa axuda de catro alumnos/as seus do instituto.

Consistiu nun concurso moi entretido, inspirado no programa Quién quiere ser millonario, no que houbo preguntas sobre Roberto Vidal Bolaño, distintas probas e no que incluso tiveron que disfrazarse os profesores.

Dámoslles as grazas a Noemí e aos seus alumnos/as polo seu traballo e o bo momento que nos fixeron pasar.

 
 

 

 



story | by Dr. Radut