Televisión
A Biblioteca de Primaria pirateada en Localia
30/01/2008
A Biblioteca de Primaria transformada pola piratería apareceu no informativo da noite do mércores 30 de xaneiro en Localia Televisión. Podedes ver o vídeo facendo clic na foto de Loli e ademais achegamos o arquivo.
Gelen en Cifras e Letras
O contrincante era moi bo, levaba tres programas seguidos gañando (chegou a gañar seis) e xa tiña moi superados os nervios iniciais das cámaras. De tódolos xeitos, Gelen tivo momentos brillantes como este “disipado” e queda demostrado que se apunta a un bombardeo. Este é o profesorado que necesitamos no Feal, e que conste que tamén temos profes alpinistas de alto nivel ou que se tiran en parapente... non sabedes o que tedes!
Achegamos o primeiro vídeo que colgamos na web do Feal cuns segundos do programa (tamén podedes facer clic na foto). Nel podedes ver a presentación de Gelen e escoitar como di o nome do noso centro.
O Feal no Telexornal
03/09/2007
No Telexornal do mediodía do 3 de setembro de 2007, a Televisión de Galicia emitíu entrevistas grabadas no noso centro sobre a supresión do transporte para os exames.
Enderezos electrónicos
- Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
- ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
- Coordinación da web: web.feal@gmail.com