Saltar navegación.
Inicio

Internet

As fotos máis vistas de 2009 na nosa Galería

Top 2009 - 1
1

Ángel Carrera, 08/01/2010

A lista das fotos máis vistas de 2009 na nosa Galería está dominada polo Entroido. O primeiro posto é para Montse, a nosa profe de Francés favorita, co seu disfrace de chinesa e 205 visitas; pero engadimos aquí as dúas seguintes que quedaron moi cerca (199 e 187 visitas respectivamente). A foto máis vista dende os comezos da nosa web continúa sendo precisamente a primeira que se publicou na Galería: unha imaxe do simulacro de evacuación de 2007. Agora, o que necesitamos é un álbum de 2010 cheo de sorpresas... depende de vós!!

Top 2009 - 2
2

Top 2009 - 3
3

Un novo artigo de A Tribo no "Diario da escola" da Consellería de Educación

Evolución

14/10/2009

A Consellería de Educación ten unha publicación dixital que ás veces chama "Xornal educativo" e outras "O diario da escola" e que recolle artigos das revistas escolares dos centros galegos. Está bastante oculta no portal da Consellería, pero segue alí. Na edición de outubro de 2009, aparece o artigo sobre Darwin publicado en A Tribo 6 que firmaban as alumnas de Bioloxía que estaban en 4º de ESO o pasado curso. Dolores di que foi un artigo escrito en moi pouco tempo, pero xa vedes que foi efectivo. Parabéns para as autoras!

A sección de cine arranca definitivamente

18/10/2009

Aínda que nesta web xa houbo algún artigo puntual sobre cine, agora arranca unha sección dentro do bloque cultural que pretende establecerse. Marisa acaba de publicar o seu primeiro artigo nesta sección ("El secreto de sus ojos") e ten intención de seguir escribindo con frecuencia (non semanalmente), aínda que loxicamente estamos abertos á colaboración de todo o mundo. Moitas grazas Marisa! Isto é o que necesitamos: que o número de firmas siga aumentando na nosa web. Lembrade que na axenda cultural de Mar hai enlaces ás carteleiras de Narón e Ferrol.

A web do Feal cumpre dous anos!!

Segundo aniversario da web

Ángel Carrera, 29/05/2009

Hoxe temos que celebrar o segundo aniversario da nosa web, aínda que non faremos tanta festa coma no primeiro.

Nesta segunda temporada, ademais das melloras técnicas, hai que destacar sobre todo a participación de toda a comunidade educativa do Feal. Precisamente, co primeiro aniversario abríramos a posibilidade de facer comentarios nos artigos, e dende entón -sumando os comentarios e os artigos- podemos dicir que na nosa web xa escribiron centos de persoas diferentes: alumnado, profesorado, persoal non docente, nais e pais, ex-alumn@s e incluso xente allea á nosa comunidade.

Tamén hai que destacar a chegada do apartado cultural que inaugurou Paloma e logo impulsou Mar coa súa puntual axenda semanal, contando habitualmente con colaboracións doutras persoas.

Houbo moitos máis movementos: o foro de lectura, o faladoiro, o crecemento da Aula Virtual... sentímonos moi orgullosos desta pequena obra que estamos construíndo entre tod@s (a pesar das queixas de certo centro veciño).

Grazas!!

 

Nota: A utilización das páxinas web dun xeito interactivo ou mellor dito "colaborativo" é o que os culturetas chaman agora "a web 2.0". No noso caso, esta transformación produciuse casualmente na segunda temporada; preparádevos para a 3.0!

Novo formulario para enviar comentarios

20/05/2009

Enviar comentarios aos artigos desta web era demasiado fácil. Nas últimas semanas, estivemos recibindo unha gran cantidade de mensaxes automáticas con publicidade. Estas mensaxes non chegan a publicarse, pero xa resultan moi molestas para @s que as xestionamos. Polo tanto, temos que comezar a tomar medidas contra os malvados robots de Internet que as envían. O primeiro experimento é ampliar o formulario dos comentarios. A partir de agora, tamén será necesario dar un nome e un enderezo electrónico, aínda que non sexan reais (en calquera caso, os enderezos nunca serán públicos). Esperamos non ter que chegar ao extremo de non permitir os comentarios aos visitantes que non estean rexistrados na nosa web, porque limitaría moito a participación. Son as tristezas de Internet.

O tirón de orellas da Inspección a esta web

Ángel Carrera, 16/05/2009

A Inspección educativa de Ferrol pediu recentemente que se retiraran as alusións á web do IES As Telleiras publicadas hai cinco meses neste espazo. Fomos moitos os que quedamos desconcertad@s ante unha reacción tan institucional por unha broma tan insignificante, e dalgún xeito tamén lamentamos que a primeira mensaxe institucional que recibimos sobre o noso traballo (de xa case dous anos) sexa deste tipo.

Inicialmente mantivemos as alusións publicadas, pero posteriormente tivemos a oportunidade de falar en persoa co director do IES As Telleiras (co que temos boa relación) e comprobamos que realmente houbo persoas ás que lle sentou mal a nosa inocente broma. Nese momento, retiramos os artigos implicados porque non temos ningún interese en molestar innecesariamente a ninguén ou prexudicar ao noso centro. Nunca houbo mala intención, pero pedimos desculpas á xente que se sentiu ofendida, aínda que tampouco entendemos por qué se transmitiu este malestar a través da Inspección en lugar de falar directamente co noso centro.

Por outra parte, os seguidores da nosa web tamén poden estar tranquil@s, porque seguiremos coa nosa liña ambiciosa e á vez desenfadada, aínda que trataremos de ser máis prudentes.

Nova axudante na web

11/12/2008

Ultimamente choven as colaboracións na nosa web. Hoxe temos que dar a benvida a Adela Carrera Vergara, que aínda é moi nova e ten moito que aprender, pero confiamos en que será unha gran axudante.

Novo apartado cultural na web do Feal

16/11/2008

Despois do chamamento que fixemos solicitando contidos para esta web, recibimos o sentido artigo escrito por Paloma sobre Miriam Makeba publicado no novo bloque de cultura que aparece nos menús da dereita. Este novo apartado cultural proposto e estreado por Paloma, poderá acoller tanto artigos de actualidade como suxestións de discos, libros, películas... de calquera época, e nel poderá escribir calquera persoa do centro.

Pouco despois da inauguración do apartado cultural, recibimos a aportación de Mar, que nos recomenda tres actuacións de teatro e danza que terán lugar este mes na nosa comarca. Esperamos que se contaxie rapidamente esta actitude participativa. Grazas de corazón a Paloma e a Mar.

Novidades na web do Feal: o "Blog de José", o Buscador Interno e o Buzón

Buzón

12/11/2008

No noso afán de que o CPI do Feal faga palidecer aos demais centros da nosa comarca, durante os últimos días estivemos engadindo algúns servizos á nosa web:


1. O Blog de José

O noso querido conserxe está organizando a viaxe de fin de curso do alumnado de 4º de ESO, e ata agora utilizaba un Metroflog para informarlles aos nenos sobre as actividades que están facendo para recadar fondos. Loxicamente, é moito mellor que José escriba directamente na nosa web, e estamos felices de ter un novo colaborador neste espazo. O seu apartado está no novo bloque da ANPA (nos menús da esquerda).


2. O Buscador Interno

Os máis observadores verían que hai unha nova caixa de busca sobre a de Google. A diferenza é que a nova só sirve para buscar dentro do noso espazo web. Se a probades, veredes que tamén permite unha busca máis avanzada con diversos filtros.


3. O Buzón

Ultimamente (sobre todo grazas ao alumnado de 4º de ESO), os comentarios dos artigos están bastante animados, pero o que é algo extremadamente excepcional é que alguén veña con algún artigo para publicar na web. Por esta razón, cada vez que ocurre isto, aínda seguimos tirando un foguete dende a Secretaría do centro.

Nun intento desesperado por loitar contra a pereza do persoal, vimos de engadir un buzón que aparece no fondo de tódalas páxinas deste espazo web. Pinchando en "Contacto", podedes cubrir un formulario que vos permitirá enviar unha mensaxe ao responsable da web en poucos segundos (incluso con fotos e outros tipos de arquivos). Isto é máis rápido que o correo electrónico, pero tamén damos esta opción. Para os máis atrevidos, tamén tedes a opción de José: publicar directamente na web, pero para isto xa temos que falar en persoa.

Ademais, dentro do Buzón está o novo "Libro de visitas" (onde as mensaxes xa son públicas), que está pensado sobre todo para que a xente que xa non está no Feal deixe o seu saúdo (xa temos algún), pero calquera pode escribir como nos comentarios dos artigos.

Nós encargámonos da tecnoloxía, PERO NECESITAMOS CONTIDOS!!, e non podemos estar en tódolos recunchos do centro para saber o que está pasando e encima facer unha foto. Agardámosvos no buzón coa boca aberta!!

Ángel

A web do Feal cumpre un ano!!

Torta

29/05/2008

O 29 de maio de 2007 naceu a web do Feal e dende entón non deixou de crecer. Moitas grazas a toda a xente que colaborou dalgún xeito na súa construción e por suposto a toda a xente que a visitou. As dúas partes son imprescindibles.

Deixamos aquí unha pequena mostra da avalancha de felicitacións que estamos recibindo dende tódolos recunchos do planeta:

Para celebrar o acontecemento, facemos un experimento: por primeira vez abrimos os micrófonos da web para todo o mundo. Non é necesario estar rexistrado, calquera pode deixar a súa firma coa súa opinión sobre o pasado e o futuro da nosa web pinchando máis abaixo en "comentarios". Iso si, para evitar actos vandálicos, os comentarios entrarán nunha cola de moderación de xeito que irán sendo revisados antes de ser publicados, pero admitimos críticas. Anímate a participar!

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido