Saltar navegación.
Inicio

Lingua Castelá

Gran éxito no Concurso de Relato Curto de Coca-Cola

Adrián e Diego

07/05/2008

Que grata noticia recibimos hoxe: a representante da Fundación Coca-Cola na zona de Ferrol, achegouse ao noso centro para comunicarnos que dous dos alumnos participantes no Concurso de Relato Curto que tivo lugar o pasado día 5 de abril, quedaron entre os seis gañadores do Sector de Ferrol e son finalistas da Fase Provincial. Trátase de Adrián Candales Taracido (2º de ESO - A) e Diego Ferreira Carballeira (2º de ESO - C). Ambos están invitados a unha cea no Restaurante El Bosque (Cambre) o próximo día 23 de maio. No transcurso da mesma farase entrega dos premios e se algún deles queda de 1º entre os 24 finalistas seleccionados, participará na fase Nacional.

Noraboa a ambos, e en nome da comunidade educativa do CPI do Feal, BOA SORTE.

Un saúdo tamén aos outros cinco representantes do colexio (Jorge Casal, Patricia López, Diego Valerio, Laura Mosquera e Alba Pérez) pola súa ilusión e traballo e esperamos que non deixedes de escribir relatos.

Día Internacional do Libro

Día do Libro 2008

23/04/2008

Xa vedes como pasan este Día Internacional do Libro os nosos alumnos de 1º e 2º de ESO: apoderáronse de distintos textos, principalmente fragmentos de Don Quijote de La Mancha, engadíronlle traballo, imaxinación, ensaios e moita ilusión... e como resultado temos auténticas xoias escénicas. Aquí só podemos recoller unha mostra gráfica da súa iniciativa, pero queda constancia de que tomaron moi en serio a celebración deste 23 de abril. Esperamos que o próximo curso, con máis tempo e medios, poidamos facer unha posta en escena para outros alumnos do centro, como festa do libro no CPI do Feal.

Día do Libro 2008

Intrusión do responsable da web no artigo do departamento de Lingua Castelá: non vos perdades este xenial vídeo noruego sobre a chegada do libro e o medo ás novas tecnoloxías (os subtítulos son un pouco estranos porque non foron feitos en España):

Concurso de relato curto de Coca-Cola

Concurso Coca-Cola 2008

07/04/2008

Estes son os alumnos de 2º de ESO que o pasado sábado representaron ao noso centro no concurso de relato curto promocionado pola Fundación Coca-Cola. Durante dúas horas estiveron moi concentrados e puxeron en marcha a súa imaxinación para elaborar unha historia de tema libre que debía incluir as seis palabras dadas polo coordinador. A experiencia foi positiva, e saíron satisfeitos polo traballo realizado.

Queda agardar polo resultado desta fase provincial da que saíran seis finalistas, pero o feito de teren participado xa supón un éxito persoal para cada un destes estupendos redactores. Noraboa.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido