Saltar navegación.
Inicio

Inglés

Axudas para mellorar o teu inglés en Galicia durante o verán de 2014

Inglés a distancia

28/03/2014

Achegamos información sobre a nova convocatoria de actividades de verán para mellorar o inglés do alumnado galego de Secundaria (en Galicia). O prazo de presentación de solicitudes é desde o 28 de marzo ao 28 de abril.

O espazo web da Consellería de Educación dedicado a este proxecto é o seguinte: www.edu.xunta.es/axudasle

Soy una punk

Despedida de Erica

Despedida de Erica

30/05/2013

Hoxe tivemos que despedirnos da auxiliar de conversa coa que contamos este curso, Erica Clark. Non reunimos nunha foto todos os grupos cos que traballou, porque foron case todos, pero deixamos aquí unha imaxe da pequena festa que se fixo na aula de Idiomas de Secundaria con 3º A, 3º B e 4º C.

Temos claro que Erica estivo moi contenta no Feal e nós tamén a botaremos de menos. Sorte, Erica!

Actividades de formación en lingua inglesa durante o verán de 2013

Illas Cíes

Illas Cíes (Vigo)

23/03/2013

Se estás na ESO e queres pasar dúas semanas deste verán aprendendo inglés e divertíndote con compañeiros de toda Galicia, pásate por Secretaría o antes posible, porque o prazo remata o 22 de abril. Este ano, as actividades de formación para a 1º e 2 de ESO son en A Coruña, e as de 3º e 4º en Vigo. Tes toda a información en:

https://www.edu.xunta.es/axudasle

 

Riazor

Riazor (A Coruña)

Visita de Luke Roberts

Luke Roberts

21/02/2013

Esta semana recibimos a visita de Luke Roberts, da editorial Burlington, que fixo unha sesión moi interesante de UK Culture para 3º e 4º de ESO.

Os alumnos divertíronse, aprenderon, pasaron moitos nervios co xogo de Who Wants to Be a Millionaire e ademais gañaron algún que outro premio. Wow!

Teatro en inglés

Drácula

Drácula

04/05/2010

Aquí tedes unhas fotos da representación da obra de teatro en inglés “Dracula”, que tivo lugar o pasado venres no Pazo da Cultura de Narón. Parte desta actividade foi subvencionada polo Concello de Narón, ao que o Departamento de Inglés quere agradecer a súa colaboración, e que nos coidasen tan ben ofrecéndonos o Pazo da Cultura para a representación.

Tamén vos deixamos unha foto das alumnas de 4º de ESO, cun dos actores da obra, que facía o papel de Jonathan Harker e que xa ten club de fans antes de aparecer na serie “Gavilanes”!!

Drácula
Podes ver as fotos ampliadas na nosa Galería

Razóns para aprender inglés

04/05/2010

A profesora de inglés Pilar Polo, que fixo unha substitución recentemente no Feal, acaba de enviarnos unha montaxe que fixo con xente moi coñecida de diversas ideoloxías que non domina o inglés. A lista inclúe ao mesmísimo Francisco Franco (aproveitamos que Merchi está de permiso para que non lle dea un subidón de tensión); que non se diga que esta web non é plural. Algúns dos fragmentos non teñen bo son, pero en xeral enténdese bastante ben. Grazas Pilar!!

Contacontos bilingües

Tim Bowley e Charo Pita

12/05/2008

Deixamos un pequeno recordo dunha das actividades da semana das Letras Galegas. Os alumnos da ESO pasaron pola Biblioteca para escoitar aos dous simpáticos contacontos da foto: Tim Bowley contaba as historias en inglés e Charo Pita facía a traducción simultánea en galego.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido