Saltar navegación.
Inicio

4º de Primaria

Crónica da disección dunha lura

LuraFai clic para ver as novas fotos enviadas por Ana Allegue
(ademais das xa coñecidas de María Varela)

29/01/2015

A nosa experiencia no laboratorio (o pasado 18 de decembro) consistiu en disecar unha lura. Para levala a cabo tivemos como mestres a distintos alumnos/as de 2º e 3º da ESO coa supervisión da súa profesora de Bioloxía (María Varela). En grupos de dous ou tres, íannos ensinando as partes da lura (ollo, mandíbulas, pluma, tentáculos...). Estoupamos a bolsa de tinta nun vaso de auga e aprendemos a distinguir entre macho e femia.

Tamén aprendemos a empregar utensilios do laboratorio como as tesoiras, a coitela, as pinzas, a lanceta, etc. Todo isto vímolo primeiramente nas bandexas de disección, e logo, tivemos a oportunidade de velo no microscopio. Finalmente, recibimos unhas fichas para traballar todo o que fixemos no laboratorio.

A experiencia resultou fantástica dado que foi a primeira vez que estivemos nun laboratorio e traballamos nel. Encantaríanos que nos volvesen convidar e agradecémoslles que nos ensinasen desta maneira tan nova e inesquecible para todos nós.

Alumnado de 4º A e titora

Visita á Granxa Escola Belelle

Belelle 2013Fai clic para ver máis fotos

11/06/2013

A pasada semana, o noso alumnado de 4º de Primaria visitou a Granxa Escola Belelle (Neda) acompañado polos seus titores. Deixamos un pequeno resumo fotográfico da actividade na nosa Galería.

Obradoiro de prensa en 4º de Primaria

Francisco Varela en 4º A

Fai clic para ver máis fotos

19/04/2013

O xornalista de La Voz de Galicia Francisco Varela (con dúas fillas no noso centro) estivo esta mañá na aula de 4º de Primaria A dirixindo un pequeno obradoiro de prensa. Podedes ver máis imaxes desta actividade (xunto con outras deste ano do mesmo grupo) na nosa Galería. Moitas grazas a Francisco Varela pola colaboración co noso centro!

Cooperativismo en 4º de Primaria

Cooperativismo

17/03/2013

Temos novas fotos da aula de 4º A de Primaria na nosa Galería, neste caso de actividades de cooperativismo, aínda que hai novas fotos adicionais do mesmo grupo nos seguintes álbums:

Moitas grazas a María Manso polo novo material... e perdón polo retraso na publicación!

Fotos de 4º A de Primaria durante o outono

Aldea Nova 2012

27/12/2012

A nosa compañeira María Manso enviounos fotos de actividades da súa clase (4º A de Primaria) durante o outono de 2012. Podes ver unha selección na nosa Galería:

Pedimos desculpas polo retraso na publicación (ultimamente houbo moito traballo na web). Grazas María!

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido