Saltar navegación.
Inicio

Literatura

Palabras de amor

What is love?

DEIXA A TÚA MENSAXE DE AMOR NO
BUZÓN DE SAN VALENTÍN

Corazón

 

De onde saiu San Valentín?Cupido

Non sabemos se a súa orixe está nese pícaro detrás dun arco, apuntando coas súas frechas aos mozos en idade de merecer, ou se pola contra, teriamos que buscar na figura dun sacerdote do século III. Este clérigo casaba aos rapaces e rebelábase deste xeito contra unha sociedade que prohibía o matrimonio porque disque os distraía da súa obriga como guerreiros: unha particular aposta polo amor, fronte á guerra.

A verdade pérdese polos sendeiros do tempo pero, tradición pagana ou relixiosa, San Valentín chega aos nosos días con forza. Iso si, adaptado á nosa sociedade, a de consumo, na que os nosos esforzos por demostrar a intensidade de tal sentimento non se centran na elección da palabra, na composición do verso que faga estremecer ao ser amado, senón no centro comercial, onde se busca con ansia o agasallo que mellor exprese os nosos desvelos amorosos. Dende esta páxina queremos darlle de novo a palabra ao AMOR, pois son moitos os que ao longo da historia, en todas as linguas, fixeron do seu sentir un arte para disfrute de todos.

  • Dame alento das túas palabras, dame celme do teu corazón, dame lume das túas miradas, dame vida co teu doce amor. (CastelaoOs vellos non deben de namorarse
  • Es amor fuerza tan fuerte, que fuerza toda razón; una fuerza de tal suerte, que todo seso convierte en su fuerza y afición (Manrique. Siglo XV)  
  • My bounty is as boundless as the sea. My love as deep; the more I give to thee. The more I have, for both are infinite. (Shakespeare, Romeo and Juliet)
  • Quand il me prend dans ses bras, qu´il me parle tout bas, je vois la vie en rose... (Édith Piaf)
  • Amar es encontrar en la felicidad de otro tu propia felicidad (G. W. Leibniz)
  • Na alma se me cravou / a raíz do teu querer / mentras no mundo vivire, / outro amor non hei de ter. (Poesía popular)
  • Laisse-moi devenir, l´ombre de ton ombre, l´ómbre de ta main, l´ombre de ton chien. Ne me quitte pas! (Jacques Brel)
  • Síntote nas palabras en voz baixa, no fresco afogo do vento,  na morneza da almofada... Grazas quero dar polos días que compartes conmigo, pola caricia e polo beixo. (Xulio L. Valcárcel)
  • Si te quiero es porque sos / mi amor, mi cómplice y todo. (Mario Benedetti)
  • Vivimos en el mundo cuando amamos. Sólo una vida vivida para los demás merece la pena ser vivida. (Albert Einstein)
  • Libertad no conozco sino la libertad de estar preso en alguien cuyo nombre no puedo oír sin escalofrío. (Luis Cernuda)
  • Amor de abril: sinfonía de insectos / buscando a rosa (Helena Villar Janeiro)
  • Nunca te tengo tanto como cuando te busco, sabiendo de antemano que no puedo encontrarte, sólo entonces consiento estar enamorada.(Ana Rossetti)
  • Tu es le printemps, moi l´automne / ton coeurs se prend, le mien se donne. Et ma route est déjà tracée: mourir d´aimer, mourir d´aimer, mourir d´aimer (Charles Aznavour)

Qué cita che gustou máis? Deixa o teu voto na nosa nova enquisa.

Qué cita sobre o amor che gustou máis?

Castelao
45% (14 votos)
Jorge Manrique
3% (1 voto)
W. Shakespeare
13% (4 votos)
Édith Piaf
0% (0 votos)
Leibniz
10% (3 votos)
Poesía Popular
0% (0 votos)
Jacques Brel
0% (0 votos)
Xulio L. Valcárcel
3% (1 voto)
Mario Benedetti
6% (2 votos)
Albert Einstein
6% (2 votos)
Luis Cernuda
10% (3 votos)
Helena Villar Janeiro
0% (0 votos)
Ana Rossetti
0% (0 votos)
Charles Aznavour
3% (1 voto)
Total de votos: 31

Creabiblio 2008

Creabiblio 2008

Mar González, 10/12/2008

Este mes de Nadal o concello ofrécenos CREABIBLIO2008. Trátase dun programa de actividades organizadas pola concellería de Cultura, Ensino e Bibliotecas dirixidas, especialmente, aos escolares de Narón. As actividades propostas son moi variadas: obradoiros de consumo responsable, elaboración de monicreques, talleres de pintura e graffittis, teatro, contacontos, exposicións de distintos temas, etc. Bota unha ollada a este enlace, ou mira os trípticos que hai nos taboleiros do colexio e anímate a participar. Todas as actividades terán lugar na Biblioteca Municipal do Alto.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido