Vicente Haro, o avó de Manolito Gafotas
Mar González, 15/04/2010
Onte faleceu Vicente Haro, coñecido actor de reparto, e pai do tamén actor Enrique San Francisco. A carreira de Haro transcorreu entre o cine, o teatro e a televisión. Participou en numerosas series e destacou o seu traballo nos anos sesenta e setenta no programa televisivo Estudio 1. Da súa filmografía quero destacar o seu papel do entrañable avó de Manolito Gafotas. Esta película está baseada na obra homónima de Elvira Lindo que actualmente están a ler os alumnos de 1º ESO.
Enderezos electrónicos
- Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
- ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
- Coordinación da web: web.feal@gmail.com