Saltar navegación.
Inicio

A celda 211

 

Marisa Agulló, 19/11/2009

Anímome a recomendar esta película a aqueles que crean aínda, no cine español, tan denostado sempre, en detrimento das grandes superproducións americanas. A peli, cun tema aparentemente sinxelo "un motín nunha cárcere española" (non vou desentrañar o argumento), con visos de ser un ladrillo, engánchate dende a primeira escena (recorda a Buñuel) e vaite somerxendo na trama ata o final. Puro cine social, presentando unha galería de retratos da vida real. Por unha banda, os integrados na nosa sociedade de liberdade e por outro os do mundo marxinal, privados dela. Sen darte conta, a trama vaite levando por un camiño no que te das de conta da fraxilidade da liña que separa eses mundos, da relatividade dos actos humanos, da fortaleza de lazos como a amizade, incluso entre persoas antagonistas...

Tecnicamente, está moi ben construída, usando fundamentalmente diferentes planos dunha cárcere e primeiros planos dos actores, que fan actuacións redondas, destacando o galego Luis Tosar, a mi modo de ver nun dos seus mellores papeis. Ah! non me esquezo da música.

Podería seguir falando dela pero non é cuestión. Merece a pena acercarse ao cine. Para min foi unha auténtica sorpresa.

Celda 211

Eu fun a ver esa película!
A min gustoume moito, reflicte moi ben as cousas que pasan dentro das cárceres e tamén danos a coñecer algúns intereses políticos, xa que o único que importaba era que os etarras non morreran, aínda que se tivera que poñer a vida dun funcionario por diante. É unha película moi entretida, e fácil de ver, e dicir, non e pesada nin aburrida.
Saúdos

Ángel Soto

Celda 211

Peli espectacular, estuvo genial,
la recomiendo ;)

Opinión

Casualmente tiña pensado comentar con Marisa esta película, que fun ver esta semana e gustoume moitísimo. É unha historia moi sólida, que te atrapa dende o principio e ata consegue que sexas parte do motín que basea a trama. Interpretacións maxistrais da maioría dos actores (na miña opinión o menos logrado é o personaxe de Resines) que crean unha excelente atmósfera dramática. Toques de humor, sentimentos nobles e miserias humanas que nos conmoven. Corroboro plenamente a acertada análise que fai Marisa e vos animo a ver este "peliculón". Mar González.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com